Conxo

A praia de Conxo

Intentando recuperar a memoria do río, pescudamos para atopar zonas de baño antigas e só atopamos referencias dunha: a praia de Conxo, que parece ser estaba no grande meandro que forma o Sar na finca do psiquiátrico. Con ese nome está claro que non é unha zona de baño calquera, porque esta era a praia onde ía bañarse a burguesía da cidade, o que se cadra explica que Carmiña, a protagonista de La Casa de la Troya, paseara ata Pontepedriña …

Ler máis »

Carballo do Banquete de Conxo

O carballo común (Quercus robur) é a nosa árbore máis popular. Á súa sombra aínda agora se celebran centos de festas e antano tamén feiras de gando. Se existe algunha árbore que se identifique con Galicia e, en particular, con Compostela, esa é o carballo.
O Carballo do Banquete de Conxo, con máis de 250 anos de vida, é a árbore máis veterana do histórico Bosque do Banquete de Conxo.

Ler máis »

O Banquete de Conxo

Entre 1852 e 1855 Galicia estivo afectada por graves crises económicas. A comarca compostelana viuse especialmente prexudicada en 1853 dando lugar ao que se coñece como “ano da fame”. Nese ano, as inclemencias metereolóxicas provocan a perda da maior parte das colleitas e unha gran carestía do gran, así como o peche de importantes casas comerciais. Por este motivo prodúcense graves alborotos, altercados e motíns que levan ás autoridades a declarar o estado de sitio.

Ler máis »

Bosque do Banquete de Conxo

A historia de Santiago de Compostela está intimamente ligada aos carballos e ás carballeiras. Segundo relata o Códice Calixtino, de 1139, os discípulos do Apóstolo Santiago, Teodoro e Atanasio, trasladaron o seu corpo dende Padrón ata o Liberum Donum –bosque Libredrón-, unha frondosa fraga onde foi enterrado arredor da cal naceu a cidade de Compostela. Santiago é a cidade galega con máis carballeiras nos seus parques, entre as que cabe salientar a de Santa Susana e a de San Lourenzo pola súa situación e antigüidade

Ler máis »

O Sar e Conxo

Despois de abandonar un espazo aberto e tan rico e singular como as Brañas de Sar, co seu sistema agrícola ancestral, a arquitectura da auga fosilizada en muíños, canles e outros elementos, e unha flora e fauna específicas de ecosistemas húmidos, o Sar pasa a Pontepedriña e comeza a ser apertado polos montes.

Ler máis »

O barrio de Conxo

Os primeiros datos de poboación datan da Idade de Ferro e atópanse en Volta do Castro, falamos do xacemento prehistórico do Castriño de Conxo, composto por un castro prerromano e un dos petróglifos máis famosos de Galicia con gravados de diferentes armas da época como espadas, escudos, alabardas…
Na interesante historia de Conxo podemos destacar entre outros os seguintes feitos.

Ler máis »