O berce do Sar

Curtidoiros

O coiro foi unha das industrias máis estendidas en Galicia. Esta actividade chamada de curtidurías, tenerías e pelamios, deixou unha pegada importante en aspectos sociais, laborais, toponímicos e arquitectónicos e, aínda que o río Sarela aglutinou a maior parte deste tecido industrial, no río Sar  atopamos tamén a pegada desta industria en Compostela.

Ler máis »

Patrimonio histórico San Lazaro

A vella leprosería de Compostela, estivo perdida durante séculos. Foi en 1999 nunhas remodelacións dun edificio da Xunta, cando se descubriu no solar os restos arquitectónicos do conxunto e outros obxectos arqueolóxicos, como fragmentos de cerámica gris medieval. A igrexa foi demolida en 1924, substituída pola actual Capela de San Lázaro (enfronte).

Ler máis »

A ruta do berce

Emprendemos este singular percorrido nun espazo onde asistimos ao nacemento do río Sar. Trátase dun dos múltiples afloramentos a través de fontes. Comezamos cun humilde leito entre salgueiros, cunha auga cristalina, para aos poucos metros abandonar a zona arborada. Atravesaremos os túneles da autoestrada para continuar o noso camiño peonil coa compañía do son da auga ata chegar a unha zona de prados en Amio. Aquí pasamos a carón dun antigo curtidoiro que, segundo os datos, estaba en funcionamento no ano 1805. Na actualidade só podemos ver algunha canalización e algún muro da fábrica.

Ler máis »

Cabeceira do Sar

O nacemento dun río é o lugar onde se inicia a corrente. No caso do Sar, o seu andar comeza en San Marcos nun lugar coñecido como fonte dos Cachos da parroquia de Bando (preto da residencia de anciáns e da asociación ASPAS). Nace dun manancial. Os mananciais orixínanse pola filtración da auga da chuvia ou da neve, que penetra nunha área e emerxe noutra de menor altitude.

Ler máis »

O Sar nas Brañas

O Sar é o río que configura o territorio das Brañas de Sar ao seu paso polo leste da cidade. Río poético cantado por Rosalía de Castro, é un afluente do Ulla pola súa marxe dereita. Nace a 310 metros de altitude no concello de Santiago de Compostela, concretamente na parroquia de Bando, para logo regar as de Sar, Conxo e Laraño.

Ler máis »

A paisaxe agraria das Brañas do Sar

As brañas en Galicia son zonas parcialmente anegadas, situadas ás beiras dun río, que están verdes todo o ano e nas que antigamente pacía o gando das pequenas explotacións agrarias galegas. Trátase dun ecosistema fráxil e cunha función moi importante na regulación da auga porque a reteñen cando chove moito e evitan que vaia de golpe aos ríos producindo inundacións.

Ler máis »