O sistema agrario tradicional galego
Polo que sabemos, a conformación da paisaxe tradicional da Galicia rural está basicamente rematada arredor do século XII e permanecerá, sen case cambios, até os anos 70 do pasado século. Dicimos sen case cambios aínda que os houbo xa que a paisaxe non é unha realidade estática, así imaxinemos os que supuxeron a introdución de cultivos americanos como o millo e a pataca a partir do século XVI.