Da Susana a Santiago
O percorrido da Susana a Santiago polo Camiño do Sueste, é a última etapa do Camiño que vai do albergue de Outeiro (Vedra) a Santiago. Desde Outeiro á Susana hai case 8 km por pistas de terra entre abundantes bosques de eucaliptos e piñeiros, menos un pequeno tramo de estrada. Esta etapa pasa xusto á beira do Centro de Visitantes da Susana que ocupa unha antiga escola unitaria rehabilitada. Desde aquí, o camiño atravesa a estrada nacional N-525, cruce no que hai que ter moita precaución. Un pequeno tramo despois volvemos cruzar a N-525 por un túnel e pouco despois atravesamos por unha ponte o rego dos Ballotes, afluente do Santa Lucía.