Patrimonio

San Lourenzo de Trasouto e os seus tesouros ocultos

Nas beiras do Sarela atopámonos co Pazo de San Lourenzo de Trasouto. Inicialmente atribúese ó bispo de Zamora Martín Arias, logo ó Cabildo de Santiago e posteriormente ós franciscanos.
Nesta cesión ten un protagonismo fundamental frei Gonzalo Mariño que, vinculado familiarmente con Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso, o primeiro dos condes de Altamira, recibirá deste moitas terras con bosque e hortas para o convento.

Ler máis »

A nova capela do Carme de Abaixo

A Confraría da nosa Señora do Carmen nace o 1 de xaneiro de 1749. Antes da construción da igrexa actual existía unha pequena capela coñecida como da Nosa Señora da Ponte do Arcebispo. A Confraría promoveu a súa construción ó Neoclasicismo. A igrexa do Carme de Abaixo, veciña do convento de Santa Clara, foi construída ao bordo do río Sarela e á beira da ponte do Carme de Abaixo.

Ler máis »