Calendario

O Entroido do Ulla, unha das celebracións máis emblemáticas de Galicia, se celebra en diferentes localidades da comarca d Ulla durante os días previos ao inicio da Cuaresma.  Polo xeral, ten lugar entre finais de xaneiro e principios de marzo, e celebrase durante varios días, culminando o martes de Carnaval.

Xenerais na Praza do Obradoiro

No caso de Santiago de Compostela, as parroquias que organizan e celebran este evento son Marrozos, O Eixo, Aríns e Sar (aldea de Angrois).

Marrozos

É a primeira parroquia de Santiago que saca os seus xenerais. Se o tempo o permite, sempre coincide dous sábados antes do martes de Entroido. Podemos seguir o seu percorrido acudindo aos seguintes lugares:

1.

Polo mediodía, entre a 13.30 e as 14.00 pasan pola Susana (N-525, cruce AC-960 Forte – Boqueixón).

2.

Entre as 18.00 e as 18.30 h, pasan pola Pajuela (entrando en Marrozos, no cambio de sentido pola dereita segundo se vén en dirección a Santiago).

3.

18.30 h no campo da festa de Marrozos é o atranque dos Xenerais da Ulla.

Angrois

Ó día seguinte (domingo) á saída de Marrozos, saen os Xenerais en Angrois e percorren os seguintes puntos xeográficos:

1.

Polo mediodía, entre a 13.30h e 14.00 h, pasan pola rúa do Cruceiro de Sar, á altura do cruceiro.

2.

A partir das 18.30 h, no campo de festa de Angrois é o atranque.

Aríns

A fin de semana anterior, o sábado anterior ao martes de Entroido, saen os xenerais de Aríns:

1.

Entre as 17.30 h e as 18.00 h pasan pola AC-261 (á altura do cruce que vai cara ao Eixo – Vilacoba).

2.

A partir das 18.30 h no campo da festa de Aríns é o atranque.

O Eixo

 

Este ultimo enclave é o máis concorrido atranque de Compostela. Celébrase o domingo anterior ao martes de Entroido en O Eixo:

1.

Despois do mediodía, entre as 16.00 e as 17.00 h, pasan pola Veiga (N-525 DP-8203 cruce de Vedra, San Xulián).

2.

Ás 18.00 h – 18.30 h chegan a Piñeiro e concéntrase gran afluencia de xente na estrada de Piñeiro, onda o bar O Curruncho, por onde toman paso cara á Carballeira do Souto (antigo campo da festa), lugar onde se fai o atranque.

Luns

Martes

Martes de Entroido

Mércores

Xoves

Venres

Sábado

Marrozos

Aríns

Domingo

Angrois

O Eixo