Plantas

Nome comúnLirio amarelo, Espadaina
Nome científicoIris pseudacorus
DescriciónPlanta herbácea perenne. Follas planas e estreitamente triangulares, dísticas, é dicir, que saen a ambos os dous lados do talo formando fileiras de follas en lados opostos. Flores grandes e amarelas, en ramalletes terminais e laterais, ás veces con manchas laranxas ou púrpuras. Os froitos son cápsulas alongadas con abundantes sementes e de cor alaranxado ou pardo.
FloraciónAs flores aparecen preto de marzo ou xuño.
HabitatMedra ben en condicións de humidade, en zonas encharcadas nas beiras dos ríos, lagoas ou embalses.
Nome comúnMolinias, Molinea
Nome científicoMolinia caerulea
DescriciónHerba perenne, cespitosa, con talos erectos. Follas lineares, planas ou algo enroladas en sentido transversal, ríxidas. Flores en panícula, é dicir, un acio ramificado en flores no que as ramas son á sua vez acios, compacta, e con ramas curtas ou longas; nelas hai espigas (inflorescencias racemosas onde o eixo é alongado e as flores son sésiles) de cor púrpura, pardo ou amarelo.
FloraciónDe xuño a outubro.
HabitatPrados húmidos, marxes dos arroios.
Nome común Xunca, herba xunqueira
Nome científico Juncus effusus
Descrición Planta herbácea de talos brillantes, lisos, verdes máis ben claros. As follas son simples vainas que circundan o talo pola parte inferior. Flores agrupadas en varios acios que saen dun mesmo punto. O froito é unha cápsula ovoide de cor castaño.
Floración Dende finais da primavera e no verán.
Habitat Moi común en calquera zona encharcada, bordes dos arroios, fontes, bordes dos ríos.
Nome comúnBuños ou carrizos
Nome científicoCarex paniculata
DescriciónPlanta herbácea densamente cespitosa formando grandes macollas (macolla=grupo de brotes que nacen dun mesmo pé). Talos con ángulos agudos. Follas de menor lonxitude que os talos, planas ou canaliculadas, fortemente ásperas nos bordos, bastante ríxidas. Espigas pequenas, moi numerosas, reunidas en inflorescencias.
FloraciónDe marzo a xullo.
HabitatBordes dos ríos e arroios.
Nome comúnSalicaria
Nome científicoLythrum salicaria
DescriciónHerbácea perenne con talos vermello púrpura e de sección cadrada. Follas lanceoladas, opostas, de forma lineal a lineal lanceolada, de ápice agudo, base acorazonada, marxe enteiro e sen peciolo. Flores formando longas inflorescencias con forma de espiga. O froito é unha cápsula ovoidea.
FloraciónDe xuño a setembro.
HabitatLugares húmedos ou encharcados como as beiras dos ríos, arroios, lagos ou estanques.
Nome comúnBerro de prado, agrión de prado
Nome científicoCardamine pratensis
DescriciónPlanta herbácea perenne con follas alternas, onde as basais forman unha roseta non moi densa. As flores son regulares, con catro pétalos de cor branca a lila pálido; inflorescencia en acio. O froito é unha vaina longa dividida en dúas por unha parede membranosa
FloraciónDe marzo a xuño
HabitatLadeiras húmidas, arroios, praderías á beira da auga, etc…
Nome comúnPan e queixo, sete en rama, solda brava
Nome científicoPotentilla erecta
DescriciónPlanta herbácea perenne. Talo longo e feble, follas brillantes e palmeadas cun longo peciolo nas follas radicais. Flores de cor amarelo con pétalos anchos que medran no extremo dun talo longo.
FloraciónDe maio ata agosto.
HabitatTerreos húmidos e ácidos.
Nome comúnLoto das charcas, lotera
Nome científicoLotus pedunculatus
DescriciónPlanta herbácea perenne, con talos erectos ou ascendentes, ramificados. Follas compostas por 5 foliolos (hojuelas), de contorno romboidal ou obovado, agudas, enteiras. Froito en vaina.
FloraciónDe marzo a agosto.
HabitatAmplo rango de hábitats húmidos e abertos como prados, praderías, xunto a estanques, ríos, etc…
Nome comúnHerba centella
Nome científicoCaltha palustris
DescriciónÉ unha planta herbácea perenne con talo erecto de cor púrpura. As follas de cor verde escura son grandes, arriñonadas e brillantes cun longo peciolo. As flores son terminais, atópanse a pares e teñen cinco sáibaos de cor amarela.
FloraciónDe abril a xuño.
HabitatLugares húmidos, pantanosos, preto de zonas encharcadas.
Nome comúnCardos
Nome científicoCirsium tuberosum
DescriciónÉ unha planta herbácea con talos simples ou ramificados, ás veces con alas espiñosas. Follas lobuladas e espiñentas. As flores van dende o branco ata o púrpura, pasando por rosa, vermello ou amarelo; teñen tubos longos e finos.
FloraciónNo verán, de xullo a setembro.
HabitatPropio de zonas húmidas.
Nome comúnHerba das almorranas
Nome científicoRanunculus ficaria
DescriciónPlanta herbácea perenne de pequeno tamaño. Raíces tuberosas, cilíndricas con engrosamientos case na superficie que lembran ás hemorroides. As follas de cor verde escura brillante, longamente pecioladas. Flores solitarias, de cor amarela brillante.
FloraciónDe xaneiro a xuño.
HabitatPropia de zonas húmidas como soutos, bosques, prados etc…
Nome comúnPé de boi, nabo do demo.
Nome científicoOenanthe croccata
DescriciónHerba perenne con raíces tuberosas. Flores brancas, en umbelas terminais. Froito cilíndrico. Contén unha neurotoxina.
FloraciónDe maio a xuño.
HabitatLugares húmidos en xeral.
Nome comúnLentella de auga
Nome científicoLemna minor
DescriciónPlanta acuática pequena, flotante, opaca, de forma casi asimétrica, dende elíptica a obovada, con ápice redondeado e plana por ambas as caras. Florece na superficie da auga. Flores de tamaño moi pequeño. Polo seu tamaño, recorda a unha lentella.
FloraciónAbril, maio, xuño.
HabitatEn augas estancadas, remansos de ríos.
Nome comúnPrímulas, Primaveras.
Nome científicoPrimula acaulis
Descrición

Planta herbácea de 15 a 10cm de longo. Follas: simples, amarelas, cordiformes, pubescentes, de 5 a 10cm de longo, – Flores: brancas, lilas e purpúreas de 2-3cm de diámetro dispostas en florescencias.

FloraciónDende outono ata a primavera.
HabitatLugares sombreados, normalmente xunto a cursos de augua e en bosques de ribeira.
Nome comúnBilitroques
Nome científicoDigitalis purpurea
DescriciónDesenvólvese nun ciclo de dous anos; no primeiro, tras xerminar, produce unicamente unha roseta de follas basais, ovais, dentadas e de longo peciolo, mentres que durante o segundo ano desenvólvese un talo longo (0,50 a 2,5m) e cuberto de follas sésiles e rugosas; todas as follas desta planta son lixeiramente pubescentes, dentadas, simples e alternas, co envés finamente texturado; fanse máis pequenas cara á cima do talo.
FloraciónDe xuño a setembro.
HabitatAdóitase atopar en terrapléns, linderos boscosos ou entre peñascos en zonas montañosas