Especies invasoras
Inicio » Especies invasoras
| Nome común | Acacia, alcacia, mimosa |
| Nome científico | Acacia dealbata |
| Descrición | Árbore caducifolia, dioica, de ata 20 ou 25 metros de altura, de cortiza lisa grisácea, caediza. Fuste recto e pouco ramoso, copa redondeada. Follas paripinnadas, de ata 70 cm, con 13-25 folíolos anchamente ovado-lanceolados. Flores en panícula con numerosas flores verdellas. O froito é unha sámara de cor avermellada. |
| Floración | Finais do invierno e principios da primavera |
| Habitat | Ambientes urbanos e periurbanos, solares e cunetas |
| Nome común | Ailanto |
| Nome científico | Ailanthus altissima |
| Descrición | Árbore caducifolia, dioica, de ata 20 ou 25 metros de altura, de cortiza lisa grisácea, caediza. Fuste recto e pouco ramoso, copa redondeada. Follas paripinnadas, de ata 70cm, con 13-25 folíolos anchamente ovado-lanceolados. Flores en panícula con numerosas flores verdellas. O froito é unha sámara de cor avermellada. |
| Floración | Final da primavera. |
| Habitat | Ambientes urbanos e periurbanos, solares e cunetas |
| Nome común | Bledo |
| Nome científico | Amaranthus retroflexus |
| Descrición | Herba anual con talos erguidos, follas alternas, enteiras e con pecíolo de forma ovada ou lanceolada. É unha especie monoica con flores bracteoladas unisexuais, en inflorescencia en espigo terminal. As flores teñen dous tépalos. O froito é indehiscente e monospermo, con sementes negras comprimidas de 1mm. |
| Floración | Floración principalmente estival. |
| Habitat | Cultivos, barbeitos, cunetas ás veces con certa humidade |
| Nome común | Campaíña |
| Nome científico | Ipomoea indica |
| Descrición | Os talos ascenden apoiándose na vexetación. As follas son lobuladas, con 3 lóbulos redondeados e acuminados. As flores son grandes, de ata 9cm, de cor purpúrea ou violácea, con corola infundibuliforme con 5 pétalos. |
| Floración | Finais da primavera e últimos días de outono. |
| Habitat | Medios antropizados, hábitats seminaturais rubindo polas árbores, arbustos. |
| Nome común | Cana, xunco xigante, falso bambú |
| Nome científico | Arundo donax |
| Descrición | Planta herbácea, perenne, rizomatosa, de ata 5 metros de altura. O talo é unha cana leñosa, con longas follas sentadas, planas, escábridas, alternas. |
| Floración | De setembro a decembro. |
| Habitat | vías de augas en regatos, marxes de carriceiras. |
| Nome común | Crocosmia |
| Nome científico | Crocosmia x crocosmiiflora |
| Descrición | Xeófito cormófito con follas planas, paralelinervias de ata 90cm. Pedicelos florais de ata 1,2m, inflorescencia dunha espiga non ou pouco ramificada con varias flores. Flores zigomorfas, sésiles, alaranxadas. |
| Floración | En verán. |
| Habitat | Fragas mixtas de ribeira, ameneirais e salgueirais. |
| Nome común | Eixerón |
| Nome científico | Conyza canadensis |
| Descrición | Planta herbácea de ata 150cm. O talo é erguido, ramificado na parte superior. Numerosas follas simples, alternas. |
| Floración | Primavera. |
| Habitat | Costeiros, marxes de lagoas costeiras ou marismas. |
| Nome común | Falsa acacia |
| Nome científico | Robinia pseudoacacia |
| Descrición | Árbore caducifolia de ata 20m con cortiza grisácea e ás veces con espiñas. Follas de ata 35cm, imparipinnadas, con 3-11 pares de folíolos redondeados. |
| Floración | Primavera. |
| Habitat | Hábitats forestais e preforestais, así como en zonas degradas, cunetas. |
| Nome común | Herba carmín, herba tintureira |
| Nome científico | Phytolacca americana |
| Descrición | Especie herbácea pero de gran porte, de ata 3 metros de altura. Algo leñosa na base, talo a miúdo dunha cor característica vermella viñosa. Follas verdes, alternas, simples, de marxe enteira, de ata 25cm, lanceoladas. |
| Floración | En veran e outono. |
| Habitat | Cunetas, solares, cultivos e barbeitos, marxes de regatos e herbeiras nitrófilas abertas ou baixo arboredo. |
| Nome común | Herba da Pampa, carrizo da Pampa |
| Nome científico | Cortaderia selloana |
| Descrición | Hemicriptófito de ata 2 metros. Follas cintadas, ásperas, de ata 1,8m de longo e 3-8cm de ancho. Cor glauca. Inflorescencia branco-grisácea ou lixeiramente purpúrea en panícula de 60 x 15cm, con numerosas espiguiñas moi pequenas con 3-6 flores. |
| Floración | Finais do verán. |
| Habitat | Matogueiras, pasteiros ou sotobosques,hábitats costeiros. |
| Nome común | Herba do asno, boas noites |
| Nome científico | Oenothera glazioviana |
| Descrición | Planta bienal ou perenne, herbácea, erecta con roseta basal, que acada 1,5 metros de altura. Os talos son verdes con punteado avermellado. |
| Floración | Entre xuño e setembro. |
| Habitat | Solos alterados, cunetas e hábitats antropizados. |
| Nome común | Herba doncela, herba da envexa, vinca |
| Nome científico | Vinca difformis |
| Descrición | Herba perenne, estolonífera de ata 2m. Talos xeralmente rastreiros, que permanecen no solo ou sobre outras especies a modo de soporte. Follas opostas, ovadas, de cor verde brillante por ambas as caras, glabras. |
| Floración | No inverno e na primavera. |
| Habitat | Costeiros e sobre solos areosos, herbeiras, ambientes forestais. |
| Nome común | Juncia olorosa |
| Nome científico | Cyperus eragrostis |
| Descrición | Planta perenne, herbácea, con rizomas curtos e grosos. Talos de sección trígona, de ata 90cm. Follas basais, lineares de ata 1cm de longo, algo coriáceas. |
| Floración | Principio da primavera. |
| Habitat | Xunto aos ríos, ribeiras fluviais. |
| Nome común | Lilar |
| Nome científico | Buddleja davidii |
| Descrición | Arbusto leñoso, moi ramifi cado, de ata 4 metros de altura. As follas son elípticas, pecioladas, con face verde e envés glauco. As flores dispóñense en inflorescencias compactas de moitas flores, estas de cor purpúrea ou violácea de 3mm con 4 lóbulos, actinomorfas. |
| Floración | Mediados do verán. |
| Habitat | Pasteiros ou marxes de matogueiras. |
| Nome común | Orella de gato |
| Nome científico | Tradescantia fluminensis |
| Descrición | Planta herbácea, decumbente, radicante. Follas alternas anchamente elípticas a ovadolanceoladas, de 2,5-5 x 1-2 cm, coa base algo desigual, de redondeada a subcordada, a marxe ciliada e o ápice agudo, normalmente glabras, algo pilosas na vaíña, verdes ou ás veces con tinguiduras purpúreas no envés. |
| Floración | De marzo a setembro. |
| Habitat | Xunto aos ríos, ribeiras fluviais. |
| Nome común | Té de horta |
| Nome científico | Bidens aurea |
| Descrición | Planta herbácea de gran tamaño, ata 2 metros, perenne. As follas son opostas, lanceoladas e serradas na marxe. |
| Floración | Verán. |
| Habitat | Cunetas e solos alterados. |