Título

Curtidoiros

O coiro foi unha das industrias máis estendidas en Galicia. Esta actividade chamada de curtidurías, tenerías e pelamios, deixou unha pegada importante en aspectos sociais, laborais, toponímicos e arquitectónicos e, aínda que o río Sarela aglutinou a maior parte deste tecido industrial, no río Sar  atopamos tamén a pegada desta industria en Compostela.

Ler máis »

Patrimonio histórico San Lazaro

A vella leprosería de Compostela, estivo perdida durante séculos. Foi en 1999 nunhas remodelacións dun edificio da Xunta, cando se descubriu no solar os restos arquitectónicos do conxunto e outros obxectos arqueolóxicos, como fragmentos de cerámica gris medieval. A igrexa foi demolida en 1924, substituída pola actual Capela de San Lázaro (enfronte).

Ler máis »

A ruta do berce

Emprendemos este singular percorrido nun espazo onde asistimos ao nacemento do río Sar. Trátase dun dos múltiples afloramentos a través de fontes. Comezamos cun humilde leito entre salgueiros, cunha auga cristalina, para aos poucos metros abandonar a zona arborada. Atravesaremos os túneles da autoestrada para continuar o noso camiño peonil coa compañía do son da auga ata chegar a unha zona de prados en Amio. Aquí pasamos a carón dun antigo curtidoiro que, segundo os datos, estaba en funcionamento no ano 1805. Na actualidade só podemos ver algunha canalización e algún muro da fábrica.

Ler máis »

Roteiro do berce do Sar

O roteiro do río Sar é un fermoso percorrido que segue o curso do río a través da cidade e as súas contornas. Comeza no barrio de San Marcos. Dende alí, o río Sar flúe cara o sur, pasando polos barrios de Amio, San Lázaro, Aríns, Sar, Pontepedriña e Conxo.

Ler máis »

Cabeceira do Sar

O nacemento dun río é o lugar onde se inicia a corrente. No caso do Sar, o seu andar comeza en San Marcos nun lugar coñecido como fonte dos Cachos da parroquia de Bando (preto da residencia de anciáns e da asociación ASPAS). Nace dun manancial. Os mananciais orixínanse pola filtración da auga da chuvia ou da neve, que penetra nunha área e emerxe noutra de menor altitude.

Ler máis »

Arquitectura da auga

A sociedade galega foi básicamente rural ata mediados do século XX. O 80% da poboación vivía no campo e nove de cada dez habitantes traballaban na agricultura. Este sistema agrario caracterizábase por un aproveitamento máximo dos recursos naturais, o que creaba unha importante dependencia do medio. A produción agraria víase ligada ao papel fundamental da auga.

Ler máis »