CALENDARIO E LUGARES CLAVE PARA PARTICIPAR DESTE ENTROIDO:
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
---|---|---|---|---|---|---|
Marrozos | Angrois | |||||
Aríns | O Eixo | |||||
MARTES DE ENTROIDO |
Tómase como referencia o martes de Entroido, e se as condicións meteorolóxicas o permiten sempre se cumpre este patrón.
Marrozos:
É a primeira parroquia de Santiago que saca os seus xenerais. Se o tempo o permite, sempre coincide dous sábados antes do martes de Entroido. Podemos seguir o seu percorrido acudindo aos seguintes lugares:
-Polo mediodía, entre a 13.30 e as 14.00 pasan pola Susana (N-525, cruce AC-960 Forte – Boqueixón).
– Entre as 18.00 e as 18.30 h, pasan pola Pajuela (entrando en Marrozos, no cambio de sentido pola dereita segundo se vén en dirección a Santiago).
– 18.30 h no campo da festa de Marrozos é o atranque dos Xenerais da Ulla.
Angrois:
O domingo seguinte á saída de Marrozos, saen os xenerais en Angrois:
– Polo mediodía, entre a 13.30h e 14.00 h, pasan pola rúa do Cruceiro de Sar, á altura do cruceiro.
– A partir das 18.30 h, no campo de festa de Angrois é o atranque.

Aríns:
O sábado anterior ao martes de Entroido, saen os xenerais de Aríns:
– Entre as 17.30 h e as 18.00 h pasan pola AC-261 (á altura do cruce que vai cara ao Eixo – Vilacoba).
– A partir das 18.30 h no campo da festa de Aríns é o atranque.
O Eixo:
Este é o último e máis concorrido atranque de Compostela. Celébrase o domingo anterior ao martes de Entroido:
– Despois do mediodía, entre as 16.00 e as 17.00 h, pasan pola Veiga (N-525 DP-8203 cruce de Vedra, San Xulián).
– Ás 18.00 h – 18.30 h chegan a Piñeiro e concéntrase gran afluencia de xente na estrada de Piñeiro, onda o bar O Curruncho, por onde toman paso cara á Carballeira do Souto (antigo campo da festa), lugar onde se fai o atranque.