A portería e o claustro románico do mosteiro pódense visitar pedindo permiso na portería. Non está permitido facer fotos dentro do recinto monástico, hoxe hospital psiquiátrico.
En canto á igrexa, pódese visitar antes ou despois das misas que teñen o seguinte horario:
Primavera-verán (do 1 de abril ao 30 de setembro): laborables: 9.30h e 20.00h. Domingos e festivos: 9.00h, 12.00h e 19.00h.
Outono-inverno (do 1 de outubro ao 31 de marzo): laborables: 9.30h e 19.00h. Domingos e festivos: 9.00h, 12.00h e 18:00h.
Retablo

Chaves

A capela do Santo Cristo soe estar pechada durante estes oficios pero o párroco, don Manuel, amablemente prestarase a ensinala. Ademais, aquelas persoas interesadas na visita do templo fóra deste horario, poden solicitala na casa parroquial situada enfronte da igrexa ,ou chamando ao teléfono 981 521 741.