Patrimonio do Sar

Monasterio de Conxo

O mosteiro de Conxo

No barrio de Conxo , na parte sur da cidade, atopámonos co mosteiro de Conxo.

Segundo os datos históricos que se conservan, o arcebispo Xelmírez manda construír no ano 1106 un mosteiro para albergar a primeira comunidade relixiosa en Galicia e para iso elixe facelo sobre unha pequena e destartalada igrexa pre-románica anterior ao século X dedicada á virxe da Concha.

Ler máis »
Fachada do pabellón Hospital Psiquiátrico de Conxo

O manicomio de Conxo

No ano 1404, frei Juan Gilberto Jofré funda o primeiro manicomio en España, o Hospital de los Santos Inocentes en Valencia. Galicia non contará con ningunha instalación deste tipo ata case cinco séculos despois e hai que sinalar que en 1880 existían xa 26 manicomios en España. Así que con moita demora, o 1 de xullo de 1885, inaugúrase o de Conxo e ata 1953 será a única institución deste tipo en Galicia.

Ler máis »
Ferrocarril

O primeiro ferrocarril

O 15 de setembro de 1873, entra en servizo a primeira liña férrea que se construíu e operou en Galicia, cunha lonxitude de 42 quilómetros, 25 anos despois da posta en funcionamento da primeira liña da península Ibérica. Unía a estación de Cornes, no termo municipal de Conxo (hoxe integrado no concello de Santiago de Compostela), e a estación de Carril, no termo municipal de Santiago de Carril (hoxe concello de Vilagarcía de Arousa).

Ler máis »
Cristo crucificado do cruceiro maldito

Un cruceiro maldito

As orixes desta cruz de pedra están nos comezos do século XVIII. Manuel Joseph Ramírez de Arellano y Sotomayor era fillo dunha familia fidalga. Segundo se recolle na tradición e nalgúns documentos da época, Ramírez de Arellano achegouse ás leiras que conformaban daquela, as terras de Conxo e alí segundo unhas fontes bateuse en duelo e morreu no enfrontamento e noutras foi atacado por uns homes emboscados na noite que o mataron.

Ler máis »
Colegiata de Sar

A Colexiata de Sar

Santa María a Maior e Real de Sar é xunto á Catedral o máis significativo monumento románico da cidade. Fundada no século XII polo bispo Munio Alonso como mosteiro da orde de Santo Agostiño, é ademais a primeira comunidade relixiosa agostiña establecida en Galicia. Falecido o bispo Munio antes de finalizar a obra, é o arcebispo Diego Xelmírez o que conclúe a igrexa e o claustro inacabados. A escritura fundacional data do primeiro de setembro de 1136 confirmándoa Afonso VII.

Ler máis »