Curtidoiros do Sar
O coiro foi unha das industrias máis estendidas en Galicia. Esta actividade chamada de curtidurías, tenerías e pelamios, deixou unha pegada importante en aspectos sociais, laborais, toponímicos e arquitectónicos e, aínda que o río Sarela aglutinou a maior parte deste tecido industrial, no río Sar atopamos tamén a pegada desta industria en Compostela.