Calendario
O Entroido do Ulla, unha das celebracións máis emblemáticas de Galicia, celébrase en diferentes localidades da comarca do Ulla durante os días previos ao inicio da Cuaresma. Polo xeral ten lugar entre finais de xaneiro e principios de marzo e festéxase durante varios días, culminando o Martes de Carnaval.
No caso de Santiago de Compostela, as parroquias que organizan e celebran este evento son Marrozos, O Eixo, Aríns e Sar (aldea de Angrois).
Marrozos
É a primeira parroquia de Santiago que saca os seus Xenerais. Se o tempo o permite, sempre coincide dous sábados antes do Martes de Entroido. Podemos seguir o seu percorrido acudindo aos seguintes lugares:
1.
2.
3.
Angrois
Ó día seguinte (domingo) á saída de Marrozos, saen os Xenerais en Angrois e percorren os seguintes puntos xeográficos:
1.
Polo mediodía, entre a 13.30h e 14.00 h, pasan pola rúa do Cruceiro de Sar á altura do cruceiro.
2.
Aríns
A fin de semana anterior, o sábado anterior ao Martes de Entroido, saen os Xenerais de Aríns:
1.
2.
O Eixo
Este ultimo enclave é o máis concorrido atranque de Compostela. Celébrase o domingo anterior ao martes de Entroido en O Eixo:
1.
2.
Ás 18.00 h – 18.30 h chegan a Piñeiro e concéntrase gran afluencia de xente na estrada de Piñeiro, preto do bar O Curruncho, por onde toman paso cara á Carballeira do Souto (antigo campo da festa), lugar onde se fai o atranque.