O río

Río Santa Lucía

O río de Santa Lucía

O Santa Lucía é un afluente do Ulla que se une a este un pouco máis abaixo de Pontevea. Nace en terras de Santiago, concretamente en Bando, preto do campo de tiro do exército hoxe en ruínas; de aí baixa por terras de Aríns, onde recibe as augas do seu primeiro afluente, o rego de Fonte Estrapuza, que nace arriba das minas de Fornás. Estas minas eran o principal xacemento de pirita de España, explotadas xa polos romanos, foron aproveitadas …

Ler máis »
Panorámica desde Montouto

Parroquias

O primeiro que nos chama a atención desta comarca é a súa paisaxe rural e neorrural, dominando o río en todo o seu paso polo val de Santa Lucía, entre verdes prados, cultivos e pastos para o gando, aldeas que conservan as tradicións e participan delas con especial apego e devoción e, no alto dos outeiros, frondosos bosques de impoñente beleza, un medio ideal e privilexiado en cuxo interior se esconden grandes historias.

Ler máis »
Castro de Angrois

Castros

Entre o patrimonio prehistórico do val de Santa Lucía cabe destacar os tres castros da Idade do Ferro: o castro de Angrois, o castro de Vixoi e o castro da Susana. A palabra castro provén do latín castrum que significa poboado fortificado. Os tres castros mencionados están situados de tal forma que manteñen unha unidade visual, de xeito que fan pensar que poderían permitir un sistema de envío de sinais entre eles para formar unha rede defensiva ante posibles invasións.

Ler máis »