Etnografía

Muíño zona castro de Vixoi

Muíños

Os muíños, xunto con hórreos e alpendres, forman parte indispensable da paisaxe agraria en Galicia. Segundo Lucas Labrada na súa Descripción económica del Reino de Galicia (1804), no 1797 Galicia contaba con, cando menos, 8.278 muíños de gran.

Ler máis »
A malla

A malla

En Galicia a malla era máis que un traballo. Chegou ser un dos encontros máis esperados do ano, xa que non só traballaban os donos da leira, senón que se xuntaban veciños e veciñas e familiares. O traballo remataba cunha comida comunal e festiva.

Ler máis »
Campana da igrexa de Marrozos

Campás

Desde hai séculos e ata hai relativamente pouco, dispositivos modernos como radios, reloxos e almanaques, como os que calquera pode ter na súa casa, non existían, pero a xente necesitaba algo que cumprise esas funcións e ese algo eran as campás.

Ler máis »