Ruta: Brañas
Esta é unha ruta que se pode iniciar desde diferentes puntos, grazas á súa localización e ao seu fácil acceso, ben dende o Multiusos, a Colexiata de Sar ou Pontepedriña. Transcorre á beira do río Sar por un camiño de terra e varias pontes, e permítenos observar o seu paso muíños, canles de regadío e hortas, así como visitar a Colexiata de Sar, que xunto coa Catedral é o monumento románico máis significativo da cidade.