Roteiro do Berce do Sar

O roteiro do río Sar é un fermoso percorrido que segue o curso do río a través da cidade e as súas contornas. Comeza no barrio de San Marcos. Dende alí, o río Sar flúe cara o sur, pasando polos barrios de Amio, San Lázaro, Aríns, Sar, Pontepedriña e Conxo.

No seu devagar atravesa varios parques e xardíns, incluíndo o parque das Brañas do Sar, o parque do Restollal ou o parque do Banquete de Conxo. Estos parques ofrecen fermosas vistas do río e son ideais para facer unha parada e gozar da paisaxe.

En xeral, a ruta do río Sar é un paseo tranquilo e agradable que ofrece aos visitantes a oportunidade de explorar a beleza natural e a historia de Santiago de Compostela.

Distancia total: 11.78 km
Elevación máxima: 334 m
Elevación mínima: 175 m
Subida total: 278 m
Descenso total: -437 m
Tempo total: 02:56:54
Download file: Berce-do-Sar.gpx

Tramo alternativo para facer a ruta en inverno

Trátase dun pequeno tramo opcional que se pode facer en calquer época do ano, especialmente habilitado para o inverno no caso de que non sexa posible facer o paso pola ponte baixo a vía do tren.

Distancia total: 0.6 km
Elevación máxima: 335 m
Elevación mínima: 315 m
Subida total: 20 m
Descenso total: -30 m
Tempo total: 00:08:51
Download file: Berce-do-Sar-tramo-inverno.gpx