Nome común | Ameneiro |
Nome científico | Alnus glutinosa |
Descrición | Árbore caduca, con follas sinxelas, alternas, obovadas (en forma de bágoa), dentadas. A cortiza é gris escura, fisurada. Flores en amentos (inflorescencia racimosa, xeralmente colgante). O froito é leñoso e de cor pardo. |
Floración | Principio da primavera. |
Habitat | Xunto aos ríos, ribeiras fluviais. |
Nome común | Salgueiro |
Nome científico | Salix sp |
Descrición | Árbore caduca, con follas lanceoladas (forma de lanza), aínda que tamén poden ser redondas ou ovais, ás veces con bordes en forma de serra. Cortiza pardo grisácea, moi fisurada, de madeira dura,flexible e suave. Flores masculinas, de cor amarelo, e femininas, de cor verde.Froitos pequenos, de cor verde que liberan ao abrirse sementes algodonosas. |
Floración | Primavera. |
Habitat | Ribeiras e prados con auga. |
Nome común | Chopo |
Nome científico | Populus spp |
Descrición | Árbore caduca, de follas sinxelas, alternas, habitualmente anchas e de bordes enteiros, aserrados, dentados ou lobulados. A cortiza é gris pálido e fisurada na base. Flores masculinas e femininas, formando amentos ou inflorescencias pendulares en árbores distintas. Os froitos son pequenas cápsulas verdes. |
Floración | Principios da primavera. |
Habitat | Bosques, en lugares húmidos. |
Nome común | Carballo |
Nome científico | Quercus robur |
Descrición | Árbore caducifolia, de follas elípticas a obovadas(con forma de espada), grandes, cos nervios ben marcados. Cortiza grisácea ou blanquecina e de tonalidade parda nos exemplares máis vellos. O froito é a landra |
Floración | Finais da primaveira |
Habitat | Bosques. |
Nome común | Loureiro |
Nome científico | Laurus nobilis |
Descrición | Árbore perenne, cónica, a miúdo arbustiva. Follas de elípticas a ovadas, puntiagudas coa marxe ondulada, aromáticas ao ser frotadas. É o loureiro que se emprega para cociñar. Cortiza gris escura e lisa. Froito en bagas. |
Floración | Primaveira. |
Habitat | Bosques perennifolios, matorrais, e lugares rocosos. |
Nome común | Sabugueiro |
Nome científico | Sambucus nigra |
Descrición | Árbore caducifolio a miúdo arbustiva con varios ramales que emerxen da base. Follas pecioladas (peciolo= rabo pequeno que une a lámina dunha folla ao seu talo) dispostas en pares opostos, pinnadas (pinna o folíolo= cada unha das pezas separadas nas que ás veces está dividida a lámina dunha folla); teñen un olor desagradable. Flores individuais e brancas. A cortiza é de cor pardo gris e os froitos son bagas comestibles negras. |
Floración | No verán. |
Habitat | Bosques húmedos e setos de toda Europa. |
Nome común | Castiñeiro |
Nome científico | Castanea sativa |
Descrición | Árbore caducifolio, corpulento, de tronco groso que se baleira de vello. Cortiza lisa, grisácea ou pardusca. Follas sinxelas, alternas, caedizas, lanceoladas, de ápice agudo coa marxe aserrada. O froito está nunha cúpula ou ourizo provisto de longas espiñas. |
Floración | De maio a xuño. |
Habitat | Medra en solos frescos, profundos, sen acumulación excesiva de sales, evitando solos compactos e moi húmidos. |
Nome común | Lirio amarelo, Espadaina |
Nome científico | Iris pseudacorus |
Descrición | Planta herbácea perenne. Follas planas e estreitamente triangulares, dísticas, é dicir, que saen a ambos os dous lados do talo formando fileiras de follas en lados opostos. Flores grandes e amarelas, en ramalletes terminais e laterais, ás veces con manchas laranxas ou púrpuras. Os froitos son cápsulas alongadas con abundantes sementes e de cor alaranxado ou pardo. |
Floración | As flores aparecen preto de marzo ou xuño. |
Habitat | Medra ben en condicións de humidade, en zonas encharcadas nas beiras dos ríos, lagoas ou embalses. |
Nome común | Molinias, Molinea |
Nome científico | Molinia caerulea |
Descrición | Herba perenne, cespitosa, con talos erectos. Follas lineares, planas ou algo enroladas en sentido transversal, ríxidas. Flores en panícula, é dicir, un acio ramificado en flores no que as ramas son á sua vez acios, compacta, e con ramas curtas ou longas; nelas hai espigas(inflorescencias racemosas onde o eixo é alongado e as flores son sésiles) de cor púrpura, pardo ou amarelo. |
Floración | De xuño a outubro. |
Habitat | Prados húmidos, marxes dos arroios. |
Nome común | Xunca, herba xunqueira |
Nome científico | Juncus effusus |
Descrición | Planta herbácea de talos brillantes, lisos, verde máis ben claros. As follas son simples vainas que circundan o talo pola parte inferior. Flores agrupadas en varios acios que saen dun mesmo punto. O froito é unha cápsula ovoide de cor castaño. |
Floración | Dende finais da primavera e no verán. |
Habitat | Moi común en calquera zona encharcada, bordes dos arroios, fontes, bordes dos ríos. |
Nome común | Freixo |
Nome científico | Fraxinus excelsior |
Descrición | Árbore caducifolio que se distingue fácilmente doutras especies de Fraxinus polas súas xemas de cor negra. Follas pinnadas compostas. As flores abren antes que as follas, sendo as femininas máis longas que as masculinas; púrpuras escuras, sin pétalos. Os froitos ou sámaras (froito seco indehiscente (que non se abre por unha valva) atópanse onde comeza a rama do último ano ou nas ramas do ano anterior. |
Floración | De Abril a Maio. |
Habitat | Bosques mixtos, beiras dos ríos, solos ricos. |
Nome común | Buños ou carrizos |
Nome científico | Carex paniculata |
Descrición | Planta herbácea densamente cespitosa formando grandes macollas (macolla=grupo de brotes que nacen dun mesmo pé). Talos con ángulos agudos. Follas de menor lonxitude que os talos, planas ou canaliculadas, fortemente ásperas nos bordos, bastante ríxidas. Espigas pequenas, moi numerosas, reunidas en inflorescencias. |
Floración | De marzo a xullo. |
Habitat | Bordes dos ríos e arroios. |
Nome común | Salgueiro, salicaria |
Nome científico | Lythrum salicaria |
Descrición | Herbácea perenne con talos vermello púrpura e de sección cadrada. Follas lanceoladas, opostas, de forma lineal a lineal lanceolada, de ápice agudo, base acorazonada, marxe enteiro e sen peciolo. Flores formando longas inflorescencias con forma de espiga. O froito é unha cápsula ovoidea. |
Floración | De xuño a setembro. |
Habitat | Lugares húmedos ou encharcados como as beiras dos ríos, arroios, lagos ou estanques. |
Nome común | Berro de prado, agrión de prado |
Nome científico | Cardamine pratensis |
Descrición | Planta herbácea perenne con follas alternas, onde as basais forman unha roseta non moi densa. As flores son regulares, con catro pétalos de cor branca a lila pálido; inflorescencia en acio. O froito é unha vaina longa dividida en dúas por unha parede membranosa |
Floración | De marzo a xuño |
Habitat | Ladeiras húmidas, arroios, praderías á beira da auga, etc… |
Nome común | Pan e queixo, sete en rama, solda brava |
Nome científico | Potentilla erecta |
Descrición | Planta herbácea perenne. Talo longo e feble, follas brillantes e palmeadas cun longo peciolo nas follas radicais. Flores de cor amarelo con pétalos anchos que medran no extremo dun talo longo. |
Floración | De maio ata agosto. |
Habitat | Terreos húmidos e ácidos. |
Nome común | Loto das charcas, lotera |
Nome científico | Lotus pedunculatus |
Descrición | Planta herbácea perenne, con talos erectos ou ascendentes, ramificados. Follas compostas por 5 foliolos (hojuelas), de contorno romboidal ou obovado, agudas, enteiras. Froito en vaina. |
Floración | De marzo a agosto. |
Habitat | Amplo rango de hábitats húmidos e abertos como prados, praderías, xunto a estanques, ríos, etc… |
Nome común | Herba centella |
Nome científico | Caltha palustris |
Descrición | É unha planta herbácea perenne con talo erecto de cor púrpura. As follas de cor verde escura son grandes, arriñonadas e brillantes cun longo peciolo. As flores son terminais, atópanse a pares e teñen cinco sáibaos de cor amarela. |
Floración | De abril a xuño. |
Habitat | Lugares húmidos, pantanosos, preto de zonas encharcadas. |
Nome común | Cardos |
Nome científico | Cirsium tuberosum |
Descrición | É unha planta herbácea con talos simples ou ramificados, ás veces con alas espiñosas. Follas lobuladas e espiñentas. As flores van dende o branco ata o púrpura, pasando por rosa, vermello ou amarelo; teñen tubos longos e finos. |
Floración | No verán, de xullo a setembro. |
Habitat | Propio de zonas húmidas. |
Nome común | Espiño albar |
Nome científico | Crataegus monogyna |
Descrición | É unha árbore de folla caduca, con ramas espiñentas, follas lampiñas e aserradas, caducas, flores brancas, olorosas e froito ovoide, revestido de pel tenra e avermellada que encerra unha pulpa doce e unha única semente. Poden ser arbustos ou pequenas árbores. A cortiza é grosa e parda con gretas verticais laranxa. |
Floración | A finais da primavera. |
Habitat | Crece nas matogueiras, beiras de ríos, sebes… |
Nome común | Árbore da serpe, fuseira, bonete de crego. |
Nome científico | Euonymus europaeus |
Descrición | Pequena árbore ou arbusto caducifolio. Follas caducas, lanceoladas e opostas estando debilmente dentadas. As flores son insignificantes de cor verde pálida que se agrupan en acios pequenos. O froito é unha cápsula carnosa de cor rosada con catro gajos que conteñen as sementes |
Floración | Florece de abril a maio e os froitos maduran no outono. |
Habitat | Claros de bosques de caducifolias, sebes, solos frescos e profundos |
Nome común | Herba das almorranas |
Nome científico | Ranunculus ficaria |
Descrición | Planta herbácea perenne de pequeno tamaño. Raíces tuberosas, cilíndricas con engrosamientos case na superficie que lembran ás hemorroides. As follas de cor verde escura brillante, longamente pecioladas. Flores solitarias, de cor amarela brillante. |
Floración | De xaneiro a xuño. |
Habitat | Propia de zonas húmidas como soutos, bosques, prados, etc… |
Nome común | Vimbio, vimieiro, vimbieira |
Nome científico | Salix viminalis |
Descrición | É un arbusto grande, ocasionalmente árbore, con pólas magras e longas, erectas; poliñas de cor verde amarelenta ou pardo cincento a avermellado, mates. As follas son pecioladas, lanceoladas estreitiñas ou con bordos paralelos. As inflorescencias aparecen antes que as follas, e antes da floración presentan una vistosa pilosidade mesta e sedosa. Froito en cápsula. |
Floración | De marzo a abril. |
Habitat | Zonas húmidas influenciadas polo home, xunto aos cultivos. |
Nome común | Herba das Pampas |
Nome científico | Cortaderia selloana |
Descrición | Gramínea cespitosa, é unha planta exótica e invasora que forma grandes matas. Follas perennes, longas e finas, con bordos moi afiados (manipular con coidado), cor verde azul podendo chegar a gris prateadas. Flores en densa panícula branca. |
Floración | A finais do verán. |
Habitat | É altamente adaptable, crecendo nunha ampla gama de ambientes e climas. |
Nome común | Pé de boi, nabo do demo. |
Nome científico | Oenanthe croccata |
Descrición | Herba perenne con raíces tuberosas. Flores brancas, en umbelas terminais. Froito cilíndrico. Contén unha neurotoxina. |
Floración | De maio a xuño. |
Habitat | ugares húmidos en xeral. |
Nome común | Lentella de auga |
Nome científico | Lemna minor |
Descrición | Planta acuática pequena, flotante, opaca, de forma casi asimétrica, dende elíptica a obovada, con ápice redondeado e plana por ambas as caras. Florece na superficie da auga. Flores de tamaño moi pequeño. Polo seu tamaño, recorda a unha lentella. |
Floración | Abril, maio, xuño. |
Habitat | En augas estancadas, remansos de ríos. |