Nome común | Gaio |
Nome científico | Garrulus glandarius |
Descrición | É unha ave de tamaño medio: lonxitude de 32 a 35 cm e envergadura alada de 54 a 58 cm. É inconfundible, ten unha plumaxe moi rechamante, alaranxada cun panel azul claro no prego alado, nas plumas terciarias. Ten ademais un rabo branco moi rechamante, que é o detalle básico para identificala en voo. |
Hábitat e comportamento | Ten unha área de distribución extensa, habitando por practicamente toda Europa e Asia. É unha ave moi ruidosa, cun reclamo moi característico; aínda que tímida, é bastante fácil de ver. Coma o resto de córvidos é omnívoro, sendo un dos seus principais alimentos as landras, que esconde e almacena enterrándoas durante o outono para o seu consumo no inverno. |
Atribución | non |
Nome común | Pega |
Nome científico | Pica pica |
Descrición | Destaca a pega polo seu corpo branco e negro iridescente, acabado nunha longa cola de cor azul ou verde metálico dependendo de como incida o sol. Mide ao redor de 45 cm de lonxitude cunha envergadura de 60 cm. É practicamente inconfundible con outra ave. As cores están distribuídas polo seu corpo da seguinte forma: a cabeza, o pico, a cola e as patas son de cor negra; o peito e boa parte das ás son brancas; a cola e as ás cobran un matiz azul ou verde metalizado. A súa cabeza e pico presentan a forma característica da familia á que pertence, ollos pequenos e cun pico recto e forte. |
Hábitat e comportamento | Está presente en calquera hábitat, exceptuando bosques densos e paraxes situadas a máis de 1.500 metros de altura. Non obstante prefire a proximidade de campos roturados ou paraxes degradadas polo home, (cidades, vertedoiros, estradas) do mesmo xeito que lle agrada a proximidade de poboacións humanas. É unha especie que conseguiu adaptarse, multiplicarse e aproveitarse das alteracións do medio que provoca o ser humano. |
Atribución | non |
Nome común | Corvo pequeno |
Nome científico | Corvus corone |
Descrición | O corvo pequeno posúe unha cabeza ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa. |
Hábitat e comportamento | O seu niño, que constrúe en árbores ou arbustos, está composto de paus e é máis livián que o da gralla. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo. Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en prados con esterco ou en campos recentemente cultivados. |
Atribución | non |