Nome común | Ferreiriño subeliño ou rabilongo |
Nome científico | Aegithalos caudatus |
Descrición | Caracterízase pola súa cola, máis longa que o resto do corpo. Mide uns 14 cm de pico a cola e é de cor parda polo dorso e rosácea pálida polo ventre. A cabeza é branca con listas negras aos lados do píleo. As patas son negras. |
Hábitat e comportamento | É insectívoro. Constrúe niños moi elaborados, tecidos de brión, liques e mesmo teas de araña, en forma de bolsa e cunha entrada lateral, onde fai dúas postas anuais de oito a dez ovos con pintas vermellas. |
Atribución | non |
Nome común | Gabeador común |
Nome científico | Certhia brachydactyla |
Descrición | O gabeador común é un paxaro pequeno, mide de 11-13 cm de longo e pesa uns 8-10 g. É de cor parda salpicado con manchas escuras e claras nas partes superiores, as súas zonas ventrais son de cor branca sucia. O seu pico é relativamente longo e curvado (aprox. 2/3 partes da lonxitude da cabeza, ou uns 16,5- 22 mm). A súa cola ten plumas ríxidas que lle permiten usala como punto de apoio cando se atopa nos troncos verticais. |
Hábitat e comportamento | É un paxaro xeneralista de ambientes forestais. Os medios nos que a especie é máis abundante son moi variados, pero teñen a característica común de ser bosques con arboredo maduro. |
Atribución | non |
Nome común | Trigueiro |
Nome científico | Emberiza calandra |
Descrición | O trigueiro é unha ave pequena, aínda que das maiores dentro dos escribanos. Mide entre 16 e 19 cm. A súa plumaxe é parda, parecidaá das lavercas. |
Hábitat e comportamento | Residente no sur e centro de Europa, norte de África e Asia . Nas zonas máis frías de Centroeuropa e de Asia a especie só cría, emigrando a zonas máis cálidas no inverno. Habita sobre todo en zonas abertas, xa sexan áreas de cultivo ou de matogueira baixa. |
Atribución | non |
Nome común | Pimpín común |
Nome científico | Fringilla coelebs |
Descrición | O Pimpín común é un paxaro pequeno, mide de 11-13 cm de longo e pesa uns 8-10 g. É de cor pardacon salpicaduras escuras e claras nas partes superiores e coas zonas ventrais son de cor branca sucia. |
Hábitat e comportamento | Vive nun grande ámbito de lugares, pero prefire as zonas boscosas, aínda que tamén se atopa en xardíns e granxas. Fai niños nas árbores e decora o exterior con brión e liques (como medio de ocultamento). En xeral aliméntanse de sementes, pero a diferenza da maioría dos pimpíns, os mozos consomen insectos. |
Atribución | non |
Nome común | Xirín común |
Nome científico | Serinus serinus |
Descrición | É o máis pequeno dos frinxílidos, mide uns 11-12 cm. É un parente próximo do canario. A plumaxe é de cores marróns mentres que o ventre é dunha forte cor amarela, en especial no macho. |
Hábitat e comportamento | Apouséntase igualmente nun bosque que nun xardín; nun horto que nunha árbore. Véselle algunhas veces mesturado coas bandadas de pintasilgos e tamén con liñaceiros etc. Adoita atoparse en parques e xardíns, hortos de froiteiros, zonas cultivadas con arboredo disperso, lindeiros forestais, soutos ribeiregos etc. A súa dieta é basicamente granívora, alimentándose de todo tipo de sementes e froitos de plantas anuais, árbores e arbustos. |
Atribución | non |
Nome común | Verderolo común |
Nome científico | Carduelis chloris |
Descrición | Mide de 13 a 15 cm de longo. O macho é de cor verde amarelada, con rechamantes manchas amarelas nas ás e cola. A femia é de cor máis apagada e ten tons marrón castaño na parte posterior, con manchas nas súas ás e na cola de cor amarela pálida. |
Hábitat e comportamento | Naquelas zonas de vexetación escasa e pouco densa confínase nos piñeirais, que constitúen quizais o seu hábitat orixinal. En todos os demais lugares atopase nos arredores de casas, xardíns e granxas, permanecendo ausente dos lugares máis remotos da campiña. A finais do verán, congrégase en grandes bandadas, que roldan polos campos arados e silos en busca do gran caído e sementes de plantas silvestres. |
Atribución | non |
Nome común | Paporrubio real |
Nome científico | Pyrrhula pyrrhula |
Descrición | É un frinxílido grande, mide entre 15 e 17,5 cm. Ten unha forma redondeada e compacta, cun pico negro, curto e robusto, adaptado ao seu tipo de alimentación. A súa plumaxe é azulada polo dorso, co rabo branco, ás e cola negras, banda alada branca e o píleo negro. Na coloración do ventre, peito e garganta diferéncianse ambos os sexos; no macho é dunha rechamante cor alaranxada e na femia é dunha cor acastañada moito máis discreta. Tamén o azul do dorso é máis apagado na femia. Os xuvenís son de colorido similar ao da femia, aínda que sen o negro na cabeza dos adultos. |
Hábitat e comportamento | Habita en bosques mixtos que posúan un sotobosque rico. Aliméntase de sementes, brotes e en ocasións de insectos. Silencioso e tranquilo, agrúpase en parellas ou pequenos grupos pouco cohesionados. |
Atribución | non |
Nome común | Pardal orelleiro |
Nome científico | Passer montanus |
Descrición | A maioría de pardais midenunha media 10-20 cm de lonxitude, teñen unha plumaxe predominantemente parda ou agrisada, con cola curta e cadrada e pico curto e cónico. O pardal orelleiro é lixeiramente máis pequeno (aproximadamente nun 10 %) que o pardal común. As súas medidas son 12.5-14 cm de lonxitude, unha envergadura de aproximadamente 21 cm. No adulto, o píleo e a caluga son de cor castaña, e baixo o oído ten unha mancha negra en forma de ril que contrasta coa fazula branca pura; a garganta e a zona entre o pico e a garganta son negras. As partes superiores do corpo e as ás son de cor marrón clara con franxas negras, destacando dúas liñas brancas distintivas nas ás. |
Hábitat e comportamento | A área de reprodución natural comprende a maior parte da Europa temperada e Asia desde o sueste asiático ata Java e Bali. En Europa está ausente en Islandia, nalgunhas rexións de Escocia e Irlanda, así como grandes partes de Escandinavia, Finlandia, Grecia e parcialmente en Asia Menor. No sur de Asia atópase principalmente nas zonas tépedas. É sedentaria na maior parte da súa distribución xeográfica, pero as poboacións máis setentrionais migran ao sur para o inverno, polo que a densidade poboacional elévase nos meses de inverno no norte de África, sur de Europa, Turquía e o norte do subcontinente indio. |
Atribución | non |
Nome común | Estorniño negro |
Nome científico | Sturnus unicolor |
Descrición | A súa cor negra e característica silueta, co pescozo e a cola curtos, fan a súa identificación sinxela coa única posibilidade de confusión durante o inverno, cando os estorniños pintos tamén están na mesma rexión. Os estorniños negros no inverno teñen unha cor negra agrisada con lixeiras manchas, aínda que non tan abundantes como no pinto. Aínda que ao chegar a primavera perden todas as pequenas salpicaduras e adquiren unha plumaxe máis negra e máis brillante que a do estorniño pinto, en especial os machos. |
Hábitat e comportamento | O estorniño negro pódese atopar en calquera lugar aberto, mesmo dentro dos núcleos urbanos. Do mesmo xeito que o estorniño pinto, esta especie é omnívora e aliméntase de invertebrados, bagas etc. Tamén é gregaria e forma bandadas grandes durante o inverno, aínda que non tan grandes como as do estorniño pinto. É unha ave ruidosa e pode imitar sons moi ben. O seu canto é semellante ao do estorniño pinto pero máis claro e cun ton máis alto. |
Atribución | non |
Nome común | Vichelocrego |
Nome científico | Oriolus oriolus |
Descrición | Macho. Característico con corpo amarelo dourado, con á e cola negras. Femia. Parecida ao macho. Por encima verde oliva, por baixo abrancazada, debilmente raiada de vermello escuro no peito; ás e cola vermellas escuras co amarelo menos estendido e menos vivo. Mozos. Os vichelocregos novos son semellantes á femia, pero con pico gris e iris pardo. |
Hábitat e comportamento | É unha ave intelixente e esvaradía, de voos rápidos e curtos entre as ramas aínda que alcanza voos moi altos nas súas migracións. A súa plumaxe dourada fai moi fácil confundila con escintileos solares. Constrúe os seus niños con gran velocidade, nidifica en bosques con preferencia polos cursos de auga. Son monógamos, territoriais e migratorios. Poñen habitualmente dous ou tres ovos, pero poden chegar a seis. |
Atribución | non |