Nome común | Pica común |
Nome científico | Anthus pratensis |
Descrición | A pica dos prados ou común é unha especie de ave paseriforme. Ten a cabeza parda e listas no peito e nos flancos. |
Hábitat e comportamento | A súa distribución é paleártica, habitando en terreos abertos, prados, cultivos e tundras. É migratoria, nidifica na metade norte de Europa e Asia invernando no sur de Europa, norte de África e sur de Asia. É residente en Holanda, Reino Unido e Francia. En España é abundante no inverno en todas as rexións, con posiblemente unha pequena poboación nidificante en Asturias e León. |
Atribución | non |
Nome común | Merlo acuático europeo |
Nome científico | Cinclus cinclus |
Descrición | A súa plumaxe é parda escura con peito branco. Pálpebra branca moi visible cando capelexa. Tamaño: uns 18 cm de altura e 30 de envergadura. Non hai diferenciación sexual. Mergúllase nunha media de 3 segundos. O seu sangue pode portar máis osíxeno que a doutros paseriformes, o que lles permite permanecer debaixoda auga ata 30 segundos, aínda que por norma xeral non excede dos 10 ou 20. As súas adaptacións permítelle mergullarse e camiñar polo fondo do río para alimentarse de insectos, axudándose cun pequeno movemento das ás se a corrente é forte. |
Hábitat e comportamento | Habitualmente viven nas beiras de ríos rápidos de montaña, aínda que se poden atopar individuos erráticos en lagoas de montaña. A súa preferencia polas augas non contaminadas converteuno nun bioindicador da pureza dun río. |
Atribución | non |
Nome común | Carrizo ou carriza |
Nome científico | Troglodytes troglodytes |
Descrición | É unha ave insectívora, que se alimenta de larvas, eirugas, arañas etc., co típico pico fino e punzante das aves insectívoras, aínda que no inverno pode comer ás veces sementes se lle fdalta o alimento. É un dos paxaros máis pequenos de Europa, de 9 a 10,5 cm de lonxitude e 13 a 17 de envergadura e ao redor de 10 g de peso. De plumaxe parda avermellada, apagada e pouco rechamante, con ás e a cola barradas nun ton máis escuro, cunha cola curta que alza con frecuencia ou mantén no alto. Ten un trino nervioso curto e rechamante. |
Hábitat e comportamento | Aliméntase de larvas, arañas e bagas. Común en toda Europa, en Asia esténdese desde o norte de Irán e Afganistán a Xapón e América do Norte. É migratoria só nas zonas máis ao norte da súa distribución. A especie é polígama, o macho aparéase con varias femias e constrúe varios niños en forma de bóla de brión, follas e herbas, en matogueiras espiñentas con silvas e enredadeiras ou en buracos de árbores, pedras, e paredes. A femia que é a única que incuba os ovos. Cobre un dos niños con plumas e pon a finais de abril seis ovos brancos con pequenos puntos pardo-avermellados, cuxa incubación dura unhas dúas semanas. Os pitos son alimentados por ambos os pais e voan despois duns 15 días. Xeralmente teñen dúas crías en cada posta. |
Atribución | non |
Nome común | Folosa amarela |
Nome científico | Hippolais polyglotta |
Descrición | É unha ave bastante pequena, mide entre 12 e 13 cm. É de cor verde agrisado nas súas partes superiores, con leves matices pardos. Por baixo é de cor amarela suave, con matices marróns. Ten un pico groso, e un anel ocular; entre ambos os ollos mostra unha cella pálida. Non existe un dimorfismo sexual claro. É bastante similar á folosa icterina , aínda que o común é máis repoludo, con primarias máis curtas e lixeiramente máis verde tirando a pardo. |
Hábitat e comportamento | Distribúese polo suroeste de Europa e noroeste de África no verán e inverna na África subsahariana. |
Atribución | non |
Nome común | Picafollas común |
Nome científico | Phylloscopus collybita |
Descrición | Posúe unha lonxitude aproximada de 10 cm, unha envergadura de 15-21 cm e un peso de 6-9 g. Practica unha vida solitaria e aliméntase capturando insectos e arañas da follaxe, en voo. |
Hábitat e comportamento | É unha ave migratoria que inverna no sur e o oeste de Europa, o sur de Asia e o norte de África especificamente en bosques de montaña e en matogueiras sombrizas. |
Atribución | non |
Nome común | Estreliña do norte |
Nome científico | Regulus ignicapillus |
Descrición | Esta é a segunda ave máis pequena europea e mide entre 9 a 10 cm. É de cor verdosa por arriba co ventre esbrancuxado. Ten dúas bandas nas ás brancas, un lista polo ollo negra e unha franxa superciliar branca. |
Hábitat e comportamento | A estreliña do norte é unha ave moi pequena pertencente á familia Regulidae. Reprodúcese na maioría das zonas tépedas de Europa e do norte de África. É parcialmente migratoria, coas aves do norte e o leste invernando ao sur da área de reprodución. No inverno atópase a miúdo en bandadas con outras aves. |
Atribución | non |
Nome común | Carriza dos xuncos |
Nome científico | Cisticola juncidis |
Descrición | É unha ave pequena, duns 10 cm de longo, e que pesa 8 a 12 g. Ten a zona dorsal parda avermellada, con franxas máis escuras, as ás e a cola pardas, aínda que esta última coas puntas das plumas brancas; a súa zona ventral é branca amarelada. |
Hábitat e comportamento | A especie aliméntase de insectos adultos e das súas larvas, que colle do chan. O macho é monógamo en serie, apareándose con entre unha a once femias nun ano. |
Atribución | non |
Nome común | Chasco común |
Nome científico | Saxicola torquata |
Descrición | Os machos teñen a cabeza negra, un medio colar branco, as costas negras, o rabo branco e a cola negra; as ás son negras cun gran parche branco na parte interna anterior. A parte superior do peito é maiormente vermella-alaranxada escura, con transición abrupta ou gradual a branca ou alaranxada clara na parte inferior do peito e na barriga. As femias téñena acastañada no canto de negra polo dorso e na cabeza cunha vaga liña de cella máis clara, por debaixo de cor parda no canto de alaranxada, e nas ás menos branca. A plumaxe de ambos os sexos é no período non reprodutivo de cor máis opaca e desigual. |
Hábitat e comportamento | As formas de chasco común consideradas europeas distribúense pola maior parte de Europa occidental e da conca mediterránea (incluíndo o norte de África e o Medio Oriente ata Irán), e non realizan grandes desprazamentos. As variedades asiáticas distribúense desde Irán cara ao leste, por toda Asia Central e Siberia, ata chegar á China, Xapón e ao sueste asiático, e realizan migracións cara ás zonas meridionais da súa área. |
Atribución | non |
Nome común | Rabirrubio tizón |
Nome científico | Phoenicurus ochruros |
Descrición | Trátase dunha ave de 14 cm de lonxitude e 24 de envergadura, de cor negra cunha cola de ton avermellado-alaranxado nos machos, na primavera; en femias e inmaturos, a cor é gris, máis pálido. |
Hábitat e comportamento | É común en xardíns de zonas urbanas e adoita atoparse, en medios máis naturalizados, en ladeiras penedías. |
Atribución | non |
Nome común | Tordo galego |
Nome científico | Turdus philomelos |
Descrición | O tordo galego mide de 20 a 23,5 cm de longo e ten un peso de 50-107 g. Ambos os sexos son semellantes e teñen unhas costas marróns e as partes inferiores perfectamente negras con manchas de cor crema ou amarela-beige, que se volve máis pálida no ventre. |
Hábitat e comportamento | Reprodúcese na maior parte de Europa (aínda que non na maior parte da península Ibérica, as terras baixas de Italia nin no sur de Grecia), incluíndo Ucraína e Rusia case ata o lago Baikal. As aves de Escandinavia, Europa e Rusia invernan na rexión do Mediterráneo, o norte de África e o Oriente Medio; das aves do oeste de Europa, co seu clima máis tépedo, só algunhas saen das súas zonas de reprodución. |
Atribución | non |