Nome común | Lobo |
Nome científico | Canis lupus |
Descrición | O peso e tamaño do lobo pode variar considerablemente ao longo do mundo, e tende a incrementarse proporcionalmente coa latitude, como prognosticou a regra de Bergmann. En termos xerais a altura varía entre os 60 e os 90 cms ata o ombreiro, e teñen un peso de entre 32 e 70 kg. |
Hábitat e comportamento | Atópanse en todos os continentes. Van en mandas e son grandes cazadores. |
Atribución | non |
Nome común | Raposo |
Nome científico | Vulpes vulpes |
Descrición | O raposo común xeralmente é de cor avermellada, coas puntas das orellas e os extremos das patas negros, unha cola poboada coa punta branca e o bandullo desta mesma cor. Esta tonalidade vermella pode variar desde o pardo avermellado ata o vermello alaranxado, pero a gama de cores da súa pelame é ampla e pode ir dos ocres, grises e mesmo negros ata os brancos, e aínda que a súa capa superior adoita ser máis ou menos uniforme pode presentar manchas e franxas. |
Hábitat e comportamento | O raposo común é nativo de toda a rexión paleártica, estendéndose desde a Península Ibérica ata Xapón. En África atópase na rexión mediterránea e ao longo do río Nilo. |
Atribución | non |
Nome común | Armiño |
Nome científico | Mustela erminea |
Descrición | É un dos carnívoros máis .pequenos do mundo. Ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. O seu peso varía entre os 100 e os 300 g. No verán, a pelame é parda ou marrón no dorso, e branca ou branca amarelada no peito e no ventre; pero sempre conserva o extremo da longa cola de cor negra. |
Hábitat e comportamento | O armiño adoita establecer o seu tobo baixo unha chea de pedras ou disimulado no interior dunha mata espiñenta. Aliméntase principalmente de roedores, que persegue mesmo ata dentro dos seus propios agochos. É unha especie de hábitos nocturnos e diúrnos; pasa o día en varias fases de actividade entrecortada por períodos de sono máis ou menos prolongados. É terrestre e non rube, móvese de forma rápida e áxil e é capaz de dar grandes saltos. |
Atribución | non |
Nome común | Xineta |
Nome científico | Genetta genetta |
Descrición | Polo seu aspecto, de estampa felina, a xineta aseméllase a un gato alongado de pelo amarelado a agrisado, salpicado de manchas negras no corpo e con forma de aneis na cola. Nesta, o pelo é máis longo e cumpre funcións estabilizadoras nos saltos e persecucións. O corpo pode chegar aos 55-60 centímetros, lonxitude que iguala ou supera a cola. Pode chegar chegar a medir un metro desde a cabeza á punta da cola. |
Hábitat e comportamento | Viven xeralmente en bosques, pero poden adaptarse ás praderías, e ruben bastante ben. As xinetas son depredadoras nocturna que viven e cazan de forma solitaria, aínda que toleran a presenza doutros individuos da súa mesma especie nas proximidades. |
Atribución | non |
Nome común | Gato montés |
Nome científico | Felis sylvestris |
Descrición | É un felino de pequeno tamaño, antecesor salvaxe dos gatos domésticos. Os gatos salvaxes xeralmente son de constitución máis robusta que os seus parentes caseiros. Adoitan ser de cor predominante parda grisácea atigrada, máis clara e ocrácea no ventre e nas partes inferiores, con catro raias negras lonxitudinais na fronte que van converxer nunha liña que percorre toda a espiña dorsal. |
Hábitat e comportamento | O gato salvaxe vive en bosques, e en lugares pouco degradados e afastados dos núcleos urbanos. Tipicamente forestal, pode ocupar, así mesmo, as malezas e as matogueiras densas que lle ofrecen suficiente cobertura, así como as zonas con abrigos rochosos. |
Atribución | non |
Nome común | Xabaril |
Nome científico | Sus scrofa |
Descrición | O xabaril é un mamífero de tamaño mediano provisto dunha cabeza grande e alongada, na que destacan uns ollos moi pequenos. O pescozo é groso e as patas son moi curtas, o que acentúa aínda máis o seu repoludo corpo no que é maior a altura dos cuartos dianteiros que dos traseiros, a diferenza do porco doméstico, que por evolución xenética desenvolveu máis a parte posterior do seu corpo, onde se localizan as pezas que alcanzan máis valor no mercado das carnes. |
Hábitat e comportamento | O xabaril adáptase a todo tipo de hábitats sempre que dispoña dunha mínima cobertura e alimento, aínda que prefire os lugares cunha vexetación alta onde poder camuflarse (carrasca, xestas, xuncos, espiños…), e onde abunde a auga (para beber, revolverse no lodo ou barro e regular a súa temperatura). Os seus hábitats predilectos son os bosques de aciñeira e os macizos forestais caducifolios ou mixtos, sobre todo se están pouco visitados e o seu nivel inferior é rico en maleza, silvas e espinos onde poida deitarse en seco e ao abrigo do vento. |
Atribución | non |
Nome común | Gabián común |
Nome científico | Accipiter nisus |
Descrición | É unha ave pequena coas ás longas e redondeadas e unha cola longa que axuda a desprazarse entre as árbores. A cola sempre é máis longa que as ás, e no macho adulto presenta de catro a cinco franxas onduladas. As súas patas son longas e amarelas e o tarso non é máis ancho que o diámetro do ollo. As femias poden ser ata un 25% máis grandes que os machos e cun peso dúas veces maior. |
Hábitat e comportamento | A distribución da especie esténdese en todas as rexións de Europa. O gabián vive ou aniña nunha área estimada de 23.1 millóns de km2.. É unha das aves rapaces máis comúns de Europa, xunto co lagarteiro e o miñato é común na maioría das zonas boscosas da distribución xeográfica e tamén nas zonas máis abertas con árbores dispersas. O gabián prefire cazar preto das beiras dos bosques, pero pode axexar e atrapar presas en calquera hábitat. A crecente proporción de bosques de mediana idade, creados por técnicas forestais modernas, beneficiou a especie, segundo un estudo noruegués. A diferenza do seu parente, o azor, pódese ver ao gabián en xardíns e zonas urbanas, e mesmo se reproduce nos parques das cidades. As poboacións de rexións frías do norte de Europa e Asia . Os individuos en zonas do sur son residentes anuais ou dispérsanse fóra da tempada de reprodución. Os mozos comezan a súa migración antes que os adultos e as femias novas son as primeiras en partir (fano antes que os machos novos). |
Atribución | non |
Nome común | Falcón peregrino |
Nome científico | Falco peregrinus |
Descrición | A súa lonxitude corporal varía entre 34 e 58 cm, e a súa envergadura é de entre 80 e 120 cm. As súas ás delgadas e terminadas en punta danlle un bo impulso. Os machos e as femias teñen unha plumaxe e marcas similares. A femia é un 30% maior que o macho. Os machos pesan entre 440 e 750 g, mentres que as femias, notablemente maiores, pesan entre 910 e 1.500 g. |
Hábitat e comportamento | Vive principalmente ao longo de cadeas montañosas, vales fluviais, liñas costeiras e, cada vez máis, en cidades. En rexións de invernos suaves habitualmente convértese nun residente permanente e algúns individuos, principalmente machos adultos, permanecerán no territorio de cría. As poboacións que se reproducen en climas árticos emigran grandes distancias cara ao sur durante o inverno. Cítaselle a miúdo como o animal máis veloz do planeta cando realiza os seus voos en picado para cazar, o que implica elevarse a unha gran altura, lanzarse cara abaixo a velocidades que habitualmente alcanzan máis de 300 km/h e golpear cunha á a súa presa para non danarse no impacto. |
Atribución | non |
Nome común | Paspallás |
Nome científico | Coturnix coturnix |
Descrición | É unha ave repoluda de cola curta e pequeno tamaño que mide entre 18 e 22 cm de longo e pesa entre 90 e 130 g. A diferenza doutras galiformes, os paspallás teñen ás longas e estreitas adaptadas aos voos de longa distancia. A súa plumaxe é de tons pardos, máis escuros nas partes superiores e moi claros nas inferiores; con vetas ocre, esbrancuxadas e negras. O seu pico é de cor marrón na parte superior e bastante máis claro na inferior. As súas patas e os dedos son de cor crema alaranxada. |
Hábitat e comportamento | Es un ave de hábitos predominantemente terrestres que se alimenta de semillas e insectos del suelo. A diferencia de otras aves, la codorniz nunca se posa en los árboles y evita con gran cuidado los terrenos que se encuentren desprovistos de vegetación. Suele permanecer escondida entre la hierba donde se camufla perfectamente, y cuando huye volando lo hace a baja altura para volver a esconderse entre la espesura. El entorno de la codorniz varía según las estaciones del año; así en primavera y principios del verano, las codornices prefieren los campos de cereales y los prados y, en los meses de mayor calor, se refugian en los campos que se riegan, en las praderas altas, etc. |
Atribución | non |
Nome común | Faisán común |
Nome científico | Phasianus colchicus |
Descrición | Os faisáns son aves de tamaño considerable e cola longa. O seu peso oscila entre os 0,5 e 3 kg, cunha media nos machos de 1,2 kg e de 0,9 kg nas femias. Existen numerosas Os faisáns son aves de tamaño considerable e cola longa. O seu peso oscila entre os 0,5 e 3 kg, cunha media nos machos de 1,2 kg e de 0,9 kg nas femias. Existen numerosas subespecies que se distinguen en coloración e tamaño. A plumaxe do seu corpo é principalmente cobriza con brillos iridescentes violáceos, vermellos e dourados, e cos bordos das plumas negros, que lle dan un aspecto escamado. Tamén presenta certo moteado branco nas partes superiores. A súa cabeza e pescozo son de cor verde escura con brillos metálicos azuis e morados A femia ten unha coloración moito máis discreta, de tons pardentos con estrías escuras. Os faisáns comúns son aves gregarias que fóra da estación de cría únense a bandadas transitorias. Aínda que son capaces de voar curtas distancias, prefiren andar e correr. Se se lles asusta poden alzar repentinamente o voo cun ruidoso bater de ás e emitindo chamadas de alarma para alertar as súas conxéneres. |
Hábitat e comportamento | Os faisáns comúns son aves gregarias que fóra da estación de cría únense a bandadas transitorias. Aínda que son capaces de voar curtas distancias, prefiren andar e correr. Se se lles asusta poden alzar repentinamente o voo cun ruidoso bater de ás e emitindo chamadas de alarma para alertar as súas conxéneres. |
Atribución | non |