Nome común | Morcego grande de ferradura |
Nome científico | Rhinolophus ferrumequinum |
Descrición | O morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) é unha especie de quiróptero propio do sur da rexión Paleártica. É o .representante do xénero Rhinolophus de maior tamaño de Europa, é unha das especies máis ubicuas. Prefire os hábitat arborizados aos biotopos abertos. Como todos os Rhinolophus emite os ultrasóns polo nariz e non pola boca, coma o resto da suborde dos microquirópteros; tampouco ten grolo. |
Hábitat e comportamento | Utiliza refuxios de variada natureza, comunmente subterráneos durante o inverno, mentres que durante a época de actividade as áreas de caza localízanse entre 200 e 1.000 metros do seu refuxio. Para cazar utilizan “perchas” ou pousadoiros nocturnos, onde permanecen colgados ata localizar unha presa. Distribúese desde o nivel do mar ata os 1.600 metros de altitude. É unha especie gregaria, forma colonias de ata novecentos individuos, sedentaria con gran fidelidade polos refuxios que reúnen condicións adecuadas para a cría e a hibernación.ón. |
Atribución | non |
Nome común | Morcego rateiro grande |
Nome científico | Myotis myotis |
Descrición | As femias son algo maiores que os machos, de pelo curto e denso, cunha base escura e co dorso de castiñeiro a pardo agrisado e o ventre case branco; os espécimes novos son dun gris cincento, pel parda avermellada. O fociño é ancho e con avultamentos glandulares. |
Hábitat e comportamento | Ocupa zonas tépedas. Os seus territorios de caza e campeo adoitan ser bosques abertos tipo devesa e os parques asociados con áreas marxinais urbanas. Está considerada como unha especie forestal. |
Atribución | non |
Nome común | Morcego común |
Nome científico | Pipistrellus pipistrellusi |
Descrición | Mide de 3,5 a 5 cm. A envergadura varía entre 19 e 25 cm e as ás son estreitas. Pesa de 3,5 a 8 g. As súas orellas son curtas, triangulares e cos vértices redondeados. Do mesmo xeito que outros morcegos da familia Vespertilionidae, Pipistrellus pipistrellus posúe un grolo con forma de ril, de punta redondeada e especialmente longo e desenvolvido. |
Hábitat e comportamento | Pode vivir desde o nivel do mar ata os 2.000 m. É moi común atopalo en zonas habitadas, así como en xardíns e parques de cidade. |
Atribución | non |
Nome común | Coello bravo |
Nome científico | Oryctolagus cuniculus |
Descrición | Caracterízase por ter o corpo cuberto dunha pelame espesa e suave, de cor parda pálida a gris, cabeza ovalada e ollos grandes. Pesa entre 1,5 e 2,5 kg en estado salvaxe. Ten orellas longas de ata 7 cm que lle axudan a regular a temperatura do corpo e unha cola moi curta. As súas patas anteriores son máis curtas que as posteriores. Mide de 33 a 50 cm. |
Hábitat e comportamento | Vive en áreas secas próximas ao nivel do mar cun solo areoso e brando para facilitar a construción de tobos. Habitan en bosques aínda que prefiren campos extensos cubertos por matogueiras onde poden esconderse. O coello é un animal gregario e territorial. En óptimas condicións de terreo e alimento prefiren vivir en longas e complexas “coelleiras” ou tobos. |
Atribución | non |
Nome común | Lebre |
Nome científico | Lepus granatensis |
Descrición | Pesa uns 2,5 kg de media e mide de 40 a 55 cm de lonxitude. A lebre híspida ten orellas curtas e anchas, ollos pequenos, garras fortes e dentes grandes. As súas patas traseiras son curtas e robustas. A pel, incluída a cola, está formada por dúas capas: unha capa externa grosa, mestura de pelos negros con pelos marróns claros, que lle dan unha tonalidade marrón escura, e unha capa interna, máis fina, de cor exclusivamente marrón clara. |
Hábitat e comportamento | As lebres híspidas son animais de movementos lentos en comparación coas outras lebres. Son de costumes nocturnas e adoitan vivir de forma solitaria ou en parella. |
Atribución | non |
Nome común | Esquío |
Nome científico | Sciurus vulgaris |
Descrición | O seu corpo mide entre 20 e 30 cm e a súa cola entre 15 e 25 cm. Pesa de 250 a 340 g. A súa pelame é de cor avermellada. Cando chega o inverno aparecen uns penachos de pelos nas orellas. Nas súas patas anteriores ou mans ten catro dedos mentres que nas posteriores ten cinco. |
Hábitat e comportamento | É habitante habitual dos bosques de coníferas, aínda que tamén está presente noutras formacións arbóreas. Desenvolve a súa actividade durante o día buscando e consumindo froitos, sementes, cortizas e mesmo insectos, ovos e aves. Non hiberna senón que se mantén activa consumindo o que foi almacenando no chan e en diferentes buratos das árbores e das penas. Desenvolve a súa actividade nas árbores aínda que non dubida en baixar deles para recoller alimento. |
Atribución | non |
Nome común | Leirón careto |
Nome científico | Eliomys quercinus |
Descrición | É un roedor de tamaño mediano cuxa lonxitude, excluíndo a cola, oscila entre 10 e 17 cm. De complexión repoluda e cunha pelame contrastada que presenta unha coloración pardo-avermellada no lombo e branca na parte inferior. Na cabeza destacan dúas orellas prominentes e dúas características manchas negras que se estenden desde os seus grandes ollos cara atrás, a semellanza dun anteface, e que son a causa do seu nome. Mans con cinco longos dedos, que lle permiten rubir facilmente ás árbores. |
Hábitat e comportamento | O leirón vive xeralmente en zonas boscosas típicas da Península Ibérica e en penasqueiros. |
Atribución | non |
Nome común | Trilladeira dos prados |
Nome científico | Microtus agrestis |
Descrición | De tamaño mediano e de aspecto robusto. O fociño é bastante romo e coa cola relativamente curta. Aínda que as orellas están máis cubertas polo pelo, externamente ten unha morfoloxía moi similar á do toupiño campesiño, (Microtus arvalis), do que é difícil de distinguir. A pelame é parda agrisada no dorso cos flancos máis pálidos, chegando a ser amarelados; a gorxa, o ventre e as patas son grises e a cola presenta unha coloración máis escura. |
Hábitat e comportamento | Fundamentalmente atópaselle en praderías e herbais espesos con pouca ou nula presión de pastoreo, con requirimentos ambientais centroeuropeos, pero menos que o toupiño vermello (Myodes glareolus), ocupa tamén plantacións forestais de árbores novas con substrato herbáceo desenvolvido, sendo moi frecuente en zonas montañosas e boscosas. |
Atribución | non |
Nome común | Rata de auga común |
Nome científico | Arvicola sapidus |
Descrición | Pesa entre 150 e 280 gramos e ten as orellas pequenas. O seu corpo mide entre 16 e 23 cm, a cola mide 12 cm máis ou menos. A pelame é marrón escura sobre as costas, en contraposición co gris do ventre. |
Hábitat e comportamento | Esta especie está presente en Francia, España e en Portugal. Tras a ameaza de desaparición a curto prazo, emprendéronse algúns esforzos para salvala que foron desde campaña de información e sensibilización do público a cambios nas obras públicas que afectan o hábitat da rata anfibia e á súa conservación. |
Atribución | non |