Nome común | Lontra |
Nome científico | Lutra lutra |
Descrición | Animal mamífero pertencente á orde Carnívora.Hábitos nocturnos, durmindo de día na marxe do río e espertando de noite para buscar alimento. A lontra adulta mide de 55 a 120 cm de lonxitude (incluíndo a cauda) e pesa ata 15 quilos. Forma parte da lista de animais ameazados de extinción principalmente polo alto valor da súa pel e pola depredación dos ecosistemas aos que a lontra está adaptada.. De vista reducida, pecha os oídos e o nariz cando se mergulla, polo que confía todo o seu potencial de pesca ós bigotes, que lle permiten detectar pequenas vibracións da auga en condicións difíciles. A presenza da lontra nun río é o mellor indicador que temos sobre o bo estado dun cauce fluvial. |
Habitat e comportamento | Os grupos sociais están formados polas femias e as súas crías. Os machos non viven en grupos e só se xuntan ás femias na época de procreación. O período de xestación da lontra é de preto de 2 meses e ó remate nacen de 1 a 5 crías. As crías abandonan o tobo, ós dous meses de idade. Aínda que sexa un animal carnívoro e normalmente salvaxe, a lontra é dócil e gústalle brincar coas persoas, sendo posíbel domesticala. |
Nome común | Garza real |
Nome científico | Ardea cinerea |
Descrición | Ave grande, duns 90-100 cm de altura. Plumas de cor gris, en diferentes tonos. Cabeza branca cunha lista ocular negra e dúas plumas tamén negras que colgan desde a caluga. Pico amarelo, moi forte e longo. |
Habitat e comportamento | Gran capacidade de adaptación, únicamente ausente en grandes bosques. Pode afacerse á presenza do home. A reproducción é normalmente en colonias para defenderse dos inimigos. A posta comeza en marzo e os ovos son incubados por ambos os país. |
Nome común | Anade real, pato salvaxe |
Nome científico | Anas platyrhynchos |
Descrición | O ánade real é un pato de tamaño medio, duns 58 cm, aínda que lixeiramente máis pesado que a maioría dos patos de superficie. Presenta un marcado dimorfismo sexual na súa plumaxe. O macho en plumaxe reprodutiva é inconfundible; a súa cabeza e pescozo son de cor verde escura brillante enmarcados cunha lista branca a modo de colar, pico amarelo verdoso. O seu peito é castaño con tons púrpura. As femias son de cor marrón. |
Habitat e comportamento | Moi frecuente en estanques de parques, ríos, lagoas, etc… O celo comeza en setembro e remata en maio, onde as parellas se fan todos os anos e duran toda a temporada. |
Nome común | Merlo común |
Nome científico | Turdus merula |
Descrición | Ave bastante común, duns 24-25 cm. O macho, totalmente escuro, co pico amarelo e un anel ocular da mesma cor; a femia de cor parda, o peito con manchas difusas e o pico tamén escuro. |
Habitat e comportamento | Vive en zonas arborizadas, sebes, parques, xardíns,… A mediados de marzo inicia o celo, a incubación a realiza a femia e os polos son alimentados por ambos pais. |
Nome común | Merlo acuático, Merlo rieiro |
Nome científico | Cinclus cinclus |
Descrición | Ave de tamaño mediano. Habitualmente viven nas beiras de ríos rápidos de montaña, aínda que se poden atopar individuos en lagoas de montaña. A súa preferencia polas augas non contaminadas converteuno nun bioindicador da pureza dun río. A súa plumaxe é pardo escuro con peito branco. Pálpebra branca moi visible cando parpadea. Tamaño: uns 18 cm de altura e 30 de envergadura. Non hai diferenciación sexual. As súas adaptacións permítelle mergullarse e camiñar polo fondo do río para alimentarse de insectos, axudándose cun pequeno aleteo se a corrente é forte. |
Habitat e comportamento | Aniña preto da auga, nunca a grandes alturas, en árbores, pontes e gretas. O período de cría ten lugar de febreiro a xullo con postas que varían entre os 4 e os 6 ovos , brancos, sen manchas, que son incubados unicamente pola femia. |
Nome común | Escancer, Lución |
Nome científico | Anguis fragilis |
Descrición | O escáncer é un lagarto sen patas que se confunde a miúdo cunha serpe, con todo posúe certas características que o separan destas, incluíndo a presenza das pálpebras e as aberturas do oído. Os adultos teñen un aspecto liso brillante e o ventre gris ou azulado. A femia é xeralmente de cor marrón, cobrizo ou vermello na parte posterior. O macho varía en cor, sendo gris, marrón, cobrizo ou avermellado, e adoita ter unha cabeza máis ampla que a femia. En ocasións, os individuos poden ter manchas azuis, unha característica que é máis común entre os machos que entre as femias. |
Habitat e comportamento | Atópase en hábitats abertos e tende a refuxiarse debaixo das pedras, táboas de madeira ou láminas de ferro corrugado no sol. |
Nome común | Cobra de colar |
Nome científico | Natrix natrix |
Descrición | Excepcionalmente pode chegar a medir dous metros de lonxitude;os adultos normalmente roldan os 120 cm. Ten o corpo groso, a cabeza redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable, o máis habitual é pardo ou verde escuro, aínda que poden aparecer desde cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos mostran un colar aracterístico de cor amarelada ou alaranxada. |
Habitat e comportamento | É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son maiores que os machos. A culebra de colar hiberna durante o inverno e se aparea pouco despois de saír do estado de hibernación, na primavera durante abril ou maio. Pódense atopar aos lados dos ríos, pozos, lagos pequenos, torrentes e lagos, pero prefire localidades arbustivas, áridas ou boscosas que estean a unha certa distancia da auga. |
Nome común | Lagartas |
Nome científico | Podarcis bocagei |
Descrición | : A lagarta galega o de Bocage es unha especie de reptil escamoso, de silueta esvelta e cola mediana, os machos adultos teñen o dorso verde e os flancos pardos; as femias adultas e inmaduras teñen o dorso e os flancos pardos; a miúdo ambos sexos posúen una mancha azul. O ventre é blancuzco, alaranjado o amarelado. Mide uns 20 cm. |
Habitat e comportamento | Vive en peñascales, paraxes pedregosos e moi tupidos de matas. Activa á tardiña e pola mañá, caza coleópteros, bolboretas, isópodos e arañas. |
Nome común | Tritón |
Nome científico | Lissotriton boscai |
Descrición | Anfibio de pequeno tamaño, miden uns 8-9 cm, compacto, de fuciño lonxitudinal, a miúdo cun suco lonxitudinal. O dorso é parduzco nos machos e pardo oliva nas femias. Ventre amarelo a laranxa, bordos claros e manchado de negro. |
Habitat e comportamento | Ambientes moi diversos, dende bosques de carballos, plantacións de eucaliptos, zonas de matogueira e cultivos, etc…Pasan o día debaixo das pedras, saíndo a cazar de noite. Os cágados miden entre 10 e 18 mm, son de cor amarelada cun deseño punteado en escuro. |
Nome común | Pintega común |
Nome científico | Salamandra salamandra |
Descrición | Anfibio que pode chegar aos 25 cm de lonxitude, de cabeza robusta, con ollos redondeados e prominentes. Corpo redondeado, de pel lisa, con sucos nos costados. A cor é variable, polo xeral hai unha base negra na que aparecen manchas amarelas. A súa pel contén pequenas cantidades de sustancias tóxicas que irritan os ollos e a boca dos predadores. Se perden algún membro, poden rexeneralo. |
Habitat e comportamento | Hábitos nocturnos, aínda que poden estar activos polo día se a humidade relativa é alta e cando a temperatura é fresca. Polo día o seu refuxio son os troncos das árbores caídas ou debaixo das pedras. As larvas atópanse nos arroios e fontes de augas limpas. |