Estas representacións colocábanse en lugares como cruces de camiño, onde acontecerá unha morte tráxica, por devoción a unha determinada figura relixiosa, en memoria dalgún familiar ou persoa achegada ou para espiar algunha mala obra. De feito, tras a desamortización que expropiou os bens da igrexa, moitas persoas fixeron grandes fortunas mercando esas propiedades e para expiar a súa culpa mandaron facer gran cantidade de cruceiros. Arredor destas representacións naceron lendas, cantigas, poemas e outro tipo de composicións, que alimentaron a tradición oral en Galicia. E detrás de cada un hai unha historia curiosa, ou ben curiosa, como a do cruceiro de Conxo que te invitamos a coñecer.