Introdución
As obras de aproveitamento hidráulico son fruto dun traballo comunitario e anónimo
As obras de aproveitamento hidráulico son fruto dun traballo comunitario e anónimo
A sociedade galega foi básicamente rural ata mediados do século XX. O 80% da poboación vivía no campo e nove de cada dez habitantes traballaban na agricultura. Este sistema agrario caracterizábase por un aproveitamento máximo dos recursos naturais, o que creaba unha importante dependencia do medio. A produción agraria víase ligada ao papel fundamental da auga. Entre as actividades nas que a auga era esencial, figuraban a rega das terras de cultivo e prados, ser unha fonte de enerxía accesible e renovable na transformación de produtos agrarios e para actividades industriais a pequena escala. Iste uso da auga como fonte de enerxía é un exemplo de sustentabilidade e de desenvolvemento integrados no medio.
As obras que modificaron o medio a favor do aproveitamento hidráulico son anónimas. Todas elas son froito do traballo comunitario e dunha experiencia e coñecementos acumulados ao longo da historia. Estas peculiaridades manifestan o carácter colectivo do sistema agrario tradicional, sendo un dos seus trazos máis destacados.
A sociedade galega era maioritariamente agraria ata a segunda metade do século XX.
Muíños dos lavadoiros
O sistema tradicional de vida e de produción cambiaron radicalmente na segunda metade do século XX. Este feito traduciuse nunha crise irreversible que deu lugar a unha profunda desagrarización, provocando ademais un paulatino despoboamento de amplas zonas rurais. A forte transformación que sufriu nos últimos tempos o sistema agrario galego, afectou o patrimonio material e inmaterial que se configurou ao redor da agricultura tradicional. Isto provocou que moitas das construcións tradicionais fosen abandonadas.
Plano dos muiños do ano 1600
O despoboameento de amplas zonas rurais troixo o abandono das construccións tradicionais.
As Brañas de Sar é un lugar abundante en auga. Isto permitiu a construción de elementos dinámicos como represas, canles de auga, muíños, fontes e lavadoiros. Estas obras foron creadas para a xestión da auga e administrar os recursos hídricos no val do Sar.
Os elementos construídos para o uso da auga e para a actividade agraria nas Brañas de Sar, poden ser catalogados en catro áreas:
– Áreas de actividade: muíños, lavadoiros e fontes.
– Elementos de xestión da auga: canles, represas e muros de contención.
– Áreas de espazo agrario: terrazas, marcos e hórreos.
– Construcións para o tránsito: pontes e camiños.
Río Sar
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.