Unha illa vexetal
O illamento e abandono que sufriron as Brañas garantiron a preservación dos seus hábitats especializados que acollen unha singular diversidade ecolóxica que hai que protexer, coidar e preservar para o futuro.
Arquitectura da auga
Un museo etnográfico no que podemos contemplar o uso tradicional da auga como exemplo de sustentabilidade e de desenvolvemento tecnolóxico integrado nos condicionantes ambientais de forma armoniosa.
Moito por descubrir
O Sar é o río que configura o territorio das Brañas de Sar o seu paso polo leste da cidade. O Sar, río poético cantado por Rosalía de Castro, é un afluente do Ulla pola sua marxe dereita.
Patrimonio
Ademais de natureza e etnografía as Brañas conteñen o máis significativo monumento románico da cidade despois da Catedral e a única Calzada ou Camiño Real orixinal que se conserva en Compostela.
Así se fixo o paseo fluvial
O antes e o despois das Brañas de Sar. Traballos realizados polos alumnos do Obradoiro de Traballo “Ecotur Xuvenil” para o acondicionamento dunha paisaxe única e excepcional dentro dun entorno urbano.