Plantas
Nome común | Lirio amarelo, Espadaina |
Nome científico | Iris pseudacorus |
Descrición | Planta herbácea perenne. Follas planas e estreitamente triangulares, dísticas, é dicir, que saen a ambos os dous lados do talo formando fileiras de follas en lados opostos. Flores grandes e amarelas, en ramalletes terminais e laterais, ás veces con manchas laranxas ou púrpuras. Os froitos son cápsulas alongadas con abundantes sementes e de cor alaranxado ou pardo. |
Floración | As flores aparecen preto de marzo ou xuño. |
Hábitat | Medra ben en condicións de humidade, en zonas encharcadas nas beiras dos ríos, lagoas ou embalses. |
Nome común | Molinias, Molinea |
Nome científico | Molinia caerulea |
Descrición | Herba perenne, cespitosa, con talos erectos. Follas lineares, planas ou algo enroladas en sentido transversal, ríxidas. Flores en panícula, é dicir, un acio ramificado en flores no que as ramas son á sua vez acios, compacta, e con ramas curtas ou longas; nelas hai espigas (inflorescencias racemosas onde o eixo é alongado e as flores son sésiles) de cor púrpura, pardo ou amarelo. |
Floración | De xuño a outubro. |
Hábitat | Prados húmidos, marxes dos arroios. |
Nome común | Xunca, herba xunqueira |
Nome científico | Juncus effusus |
Descrición | Planta herbácea de talos brillantes, lisos, verdes máis ben claros. As follas son simples vainas que circundan o talo pola parte inferior. Flores agrupadas en varios acios que saen dun mesmo punto. O froito é unha cápsula ovoide de cor castaño. |
Floración | Dende finais da primavera e no verán. |
Hábitat | Moi común en calquera zona encharcada, bordes dos arroios, fontes, bordes dos ríos. |
Nome común | Buños ou carrizos |
Nome científico | Carex paniculata |
Descrición | Planta herbácea densamente cespitosa formando grandes macollas (macolla=grupo de brotes que nacen dun mesmo pé). Talos con ángulos agudos. Follas de menor lonxitude que os talos, planas ou canaliculadas, fortemente ásperas nos bordos, bastante ríxidas. Espigas pequenas, moi numerosas, reunidas en inflorescencias. |
Floración | De marzo a xullo. |
Hábitat | Bordes dos ríos e arroios. |
Nome común | Salicaria |
Nome científico | Lythrum salicaria |
Descrición | Herbácea perenne con talos vermello púrpura e de sección cadrada. Follas lanceoladas, opostas, de forma lineal a lineal lanceolada, de ápice agudo, base acorazonada, marxe enteiro e sen peciolo. Flores formando longas inflorescencias con forma de espiga. O froito é unha cápsula ovoidea. |
Floración | De xuño a setembro. |
Hábitat | Lugares húmedos ou encharcados como as beiras dos ríos, arroios, lagos ou estanques. |
Nome común | Berro de prado, agrión de prado |
Nome científico | Cardamine pratensis |
Descrición | Planta herbácea perenne con follas alternas, onde as basais forman unha roseta non moi densa. As flores son regulares, con catro pétalos de cor branca a lila pálido; inflorescencia en acio. O froito é unha vaina longa dividida en dúas por unha parede membranosa |
Floración | De marzo a xuño |
Hábitat | Ladeiras húmidas, arroios, pradarías á beira da auga, etc… |
Nome común | Pan e queixo, sete en rama, solda brava |
Nome científico | Potentilla erecta |
Descrición | Planta herbácea perenne. Talo longo e feble, follas brillantes e palmeadas cun longo peciolo nas follas radicais. Flores de cor amarelo con pétalos anchos que medran no extremo dun talo longo. |
Floración | De maio ata agosto. |
Hábitat | Terreos húmidos e ácidos. |
Nome común | Loto das charcas, lotera |
Nome científico | Lotus pedunculatus |
Descrición | Planta herbácea perenne, con talos erectos ou ascendentes, ramificados. Follas compostas por 5 folíolos (‘hojuelas’, en castelán), de contorno romboidal ou obovado, agudas, enteiras. Froito en vaina. |
Floración | De marzo a agosto. |
Hábitat | Amplo rango de hábitats húmidos e abertos como prados, pradarías, xunto a estanques, ríos, etc… |
Nome común | Herba centella |
Nome científico | Caltha palustris |
Descrición | É unha planta herbácea perenne con talo erecto de cor púrpura. As follas de cor verde escura son grandes, arriñonadas e brillantes cun longo peciolo. As flores son terminais, atópanse a pares e teñen cinco sáibaos de cor amarela. |
Floración | De abril a xuño. |
Hábitat | Lugares húmidos, pantanosos, preto de zonas encharcadas. |
Nome común | Cardos |
Nome científico | Cirsium tuberosum |
Descrición | É unha planta herbácea con talos simples ou ramificados, ás veces con alas espiñosas. Follas lobuladas e espiñentas. As flores van dende o branco ata o púrpura, pasando por rosa, vermello ou amarelo; teñen tubos longos e finos. |
Floración | No verán, de xullo a setembro. |
Hábitat | Propio de zonas húmidas. |
Nome común | Herba das almorrás |
Nome científico | Ranunculus ficaria |
Descrición | Planta herbácea perenne de pequeno tamaño. Raíces tuberosas, cilíndricas con engrosamientos case na superficie que lembran ás hemorroides. As follas de cor verde escura brillante, longamente pecioladas. Flores solitarias, de cor amarela brillante. |
Floración | De xaneiro a xuño. |
Hábitat | Propia de zonas húmidas como soutos, bosques, prados etc… |
Nome común | Pé de boi, nabo do demo. |
Nome científico | Oenanthe croccata |
Descrición | Herba perenne con raíces tuberosas. Flores brancas, en umbelas terminais. Froito cilíndrico. Contén unha neurotoxina. |
Floración | De maio a xuño. |
Hábitat | Lugares húmidos en xeral. |
Nome común | Lentella de auga |
Nome científico | Lemna minor |
Descrición | Planta acuática pequena, flotante, opaca, de forma casi asimétrica, dende elíptica a obovada, con ápice redondeado e plana por ambas as caras. Florece na superficie da auga. Flores de tamaño moi pequeño. Polo seu tamaño, recorda a unha lentella. |
Floración | Abril, maio, xuño. |
Hábitat | En augas estancadas, remansos de ríos. |
Nome común | Prímulas, Primaveras. |
Nome científico | Primula acaulis |
Descrición | Planta herbácea de 15 a 10cm de longo. Follas: simples, amarelas, cordiformes, pubescentes, de 5 a 10cm de longo. Flores: brancas, lilas e purpúreas de 2 – 3cm de diámetro dispostas en florescencias. |
Floración | Dende outono ata a primavera. |
Hábitat | Lugares sombreados, normalmente xunto a cursos de auga e en bosques de ribeira. |
Nome común | Bilitroques |
Nome científico | Digitalis purpurea |
Descrición | Desenvólvese nun ciclo de dous anos; no primeiro, tras xerminar, produce unicamente unha roseta de follas basais, ovais, dentadas e de longo peciolo, mentres que durante o segundo ano desenvólvese un talo longo (0,50 a 2,5m) e cuberto de follas sésiles e rugosas; todas as follas desta planta son lixeiramente pubescentes, dentadas, simples e alternas, co envés finamente texturado; fanse máis pequenas cara á cima do talo. |
Floración | De xuño a setembro. |
Hábitat | Adóitase atopar en terrapléns, lindeiros boscosos ou entre penedos en zonas montañosas |