Especies invasoras

Nome comúnAcacia, mimosa
Nome científicoAcacia dealbata
DescriciónÁrbore caducifolia, dioica, de ata 20 ou 25 metros de altura, de cortiza lisa
grisácea, caediza. Fuste recto e pouco ramoso, copa redondeada. Follas paripinnadas, de ata 70 cm, con 13-25 folíolos anchamente ovado-lanceolados. Flores en panícula con numerosas flores verdellas. O froito é unha sámara de cor avermellada.
FloraciónFinais do invierno e principios da primavera
HábitatAmbientes urbanos e periurbanos, solares e cunetas
Nome comúnAilanto
Nome científico

Ailanthus altissima

DescriciónÁrbore caducifolia, dioica, de ata 20 ou 25 metros de altura, de cortiza lisa grisácea, caediza. Fuste recto e pouco ramoso, copa redondeada. Follas paripinnadas, de ata 70cm, con 13-25 folíolos anchamente ovado-lanceolados. Flores en panícula con numerosas flores verdellas. O froito é unha sámara de cor avermellada.
FloraciónFinal da primavera.
HábitatAmbientes urbanos e periurbanos, solares e cunetas
Nome comúnBledo
Nome científicoAmaranthus retroflexus
DescriciónHerba anual con talos erguidos, follas alternas, enteiras e con pecíolo
de forma ovada ou lanceolada. É unha especie monoica con flores
bracteoladas unisexuais, en inflorescencia en espigo terminal. As flores
teñen dous tépalos. O froito é indehiscente e monospermo, con sementes negras comprimidas de 1mm.
FloraciónFloración principalmente estival.
HábitatCultivos, barbeitos, cunetas ás veces con certa humidade
Nome comúnCampaíña
Nome científicoIpomoea indica
DescriciónOs talos ascenden apoiándose na vexetación. As follas son lobuladas, con 3 lóbulos redondeados e acuminados. As flores son grandes, de ata 9cm, de cor purpúrea ou violácea, con corola infundibuliforme con 5 pétalos.
FloraciónFinais da primavera e últimos días de outono.
HábitatMedios antropizados,  hábitats seminaturais rubindo polas árbores, arbustos.
Nome comúnCana, xunco xigante, falso bambú
Nome científicoArundo donax
DescriciónPlanta herbácea, perenne, rizomatosa, de ata 5 metros de altura. O talo é
unha cana leñosa, con longas follas sentadas, planas, alternas.
FloraciónDe setembro a decembro.
Hábitat Vías de augas en regatos, marxes de carriceiras.
Nome comúnCrocosmia
Nome científicoCrocosmia x crocosmiiflora
DescriciónXeófito cormófito con follas planas, paralelinervias de ata 90cm. Pedicelos florais de ata 1,2m, inflorescencia dunha espiga non ou pouco ramificada con varias flores. Flores zigomorfas, sésiles, alaranxadas.
FloraciónEn verán.
HábitatFragas mixtas de ribeira, ameneirais e salgueirais.
Nome comúnEixerón
Nome científicoConyza canadensis
DescriciónPlanta herbácea de ata 150cm. O talo é erguido, ramificado na parte superior. Numerosas follas simples, alternas.
FloraciónPrimavera.
HábitatCosteiros,  marxes de lagoas costeiras ou marismas.
Nome comúnFalsa acacia
Nome científicoRobinia pseudoacacia
DescriciónÁrbore caducifolia de ata 20m con cortiza grisácea e ás veces con espiñas. Follas de ata 35cm, imparipinnadas, con 3-11 pares de folíolos redondeados.
FloraciónPrimavera.
HábitatHábitats forestais e preforestais, así como en zonas degradas, cunetas.
Nome comúnHerba carmín, herba tintureira
Nome científicoPhytolacca americana
DescriciónEspecie herbácea pero de gran porte, de ata 3 metros de altura. Algo
leñosa na base, talo a miúdo dunha cor característica vermella viñosa. Follas verdes, alternas, simples, de marxe enteira, de ata 25cm, lanceoladas.
FloraciónEn veran e outono.
HábitatCunetas, solares, cultivos e barbeitos, marxes de regatos e herbeiras nitrófilas abertas ou baixo arboredo.
Nome comúnHerba da Pampa, carrizo da Pampa
Nome científicoCortaderia selloana
DescriciónHemicriptófito de ata 2 metros. Follas cintadas, ásperas, de ata 1,8m de longo e 3-8cm de ancho. Cor glauca. Inflorescencia branco-grisácea ou lixeiramente purpúrea en panícula de 60 x 15cm, con numerosas espiguiñas moi pequenas con 3-6 flores.
FloraciónFinais do verán.
Hábitat Matogueiras, pasteiros ou sotobosques, hábitats costeiros.
Nome comúnHerba do asno, boas noites
Nome científicoOenothera glazioviana
DescriciónPlanta bienal ou perenne, herbácea, erecta con roseta basal, que acada
1,5 metros de altura. Os talos son verdes con punteado avermellado.
FloraciónEntre xuño e setembro.
HábitatSolos alterados, cunetas e hábitats antropizados.
Nome comúnHerba doncela, herba da envexa, vinca
Nome científicoVinca difformis
DescriciónHerba perenne, estolonífera de ata 2m. Talos xeralmente rastreiros, que permanecen no solo ou sobre outras especies a modo de soporte. Follas opostas, ovadas, de cor verde brillante por ambas as caras, glabras.
FloraciónNo inverno e na primavera.
HábitatCosteiros e sobre solos areosos, herbeiras, ambientes forestais.
Nome comúnJuncia olorosa
Nome científicoCyperus eragrostis
DescriciónPlanta perenne, herbácea, con rizomas curtos e grosos. Talos de sección
trígona, de ata 90cm. Follas basais, lineares de ata 1cm de longo, algo coriáceas.
FloraciónPrincipio da primavera.
HábitatXunto aos ríos, ribeiras fluviais.
Nome comúnLilar
Nome científicoBuddleja davidii
DescriciónArbusto leñoso, moi ramificado, de ata 4 metros de altura. As follas son
elípticas, pecioladas, con face verde e envés glauco. As flores dispóñense en inflorescencias compactas de moitas flores de cor purpúrea ou violácea de 3mm con 4 lóbulos, actinomorfas.
FloraciónMediados do verán.
HábitatPasteiros ou marxes de matogueiras.
Nome comúnOrella de gato
Nome científicoTradescantia fluminensis
DescriciónPlanta herbácea, decumbente, radicante. Follas alternas anchamente elípticas a ovadolanceoladas, de 2,5-5 x 1-2 cm, coa base algo desigual, de redondeada a subcordada, a marxe ciliada e o ápice agudo, normalmente glabras, algo pilosas na vaíña, verdes ou ás veces con tinguiduras purpúreas no envés.
FloraciónDe marzo a setembro.
HábitatXunto aos ríos, ribeiras fluviais.
Nome común Té de horta
Nome científico Bidens aurea
Descrición Planta herbácea de gran tamaño, ata 2 metros, perenne. As follas son
opostas, lanceoladas e serradas na marxe.
Floración Verán.
Hábitat Cunetas e solos alterados.