Árbores e arbustos

Amieiro
Nome comúnAmeneiro
Nome científicoAlnus glutinosa
DescriciónÁrbore caduca, con follas sinxelas, alternas, ovada (en forma de bágoa), dentadas. A cortiza é gris escura, fisurada. Flores en amentos (inflorescencia racimosa, xeralmente colgante). O froito é leñoso e de cor pardo.
FloraciónPrincipio da primavera.
HábitatXunto aos ríos, ribeiras fluviais.
Salgueiro
Nome comúnSalgueiro
Nome científicoSalix sp
DescriciónÁrbore caduca, con follas lanceoladas (forma de lanza), aínda que tamén poden ser redondas ou ovais, ás veces con bordes en forma de serra. Cortiza pardo grisácea, moi fisurada, de madeira dura, flexible e suave. Flores masculinas, de cor amarelo, e femininas, de cor verde. Froitos pequenos, de cor verde que liberan ao abrirse sementes algodonosas.
FloraciónPrimavera.
HábitatRibeiras e prados con auga.
Chopo
Nome comúnChopo
Nome científicoPopulus spp
DescriciónÁrbore caduca, de follas sinxelas, alternas, habitualmente anchas e de bordes enteiros, aserrados, dentados ou lobulados. A cortiza é gris pálido e fisurada na base. Flores masculinas e femininas, formando amentos ou inflorescencias pendulares en árbores distintas. Os froitos son pequenas cápsulas verdes.
FloraciónPrincipios da primavera.
HábitatBosques, en lugares húmidos.
Carballo
Nome común Carballo
Nome científico Quercus robur
Descrición Árbore caducifolia, de follas elípticas a ovadas (con forma de espada), grandes, cos nervios ben marcados. Cortiza grisácea ou blanquecina e de tonalidade parda nos exemplares máis vellos. O froito é a landra.
Floración Finais da primavera
Habitat Bosques.
Loureiro
Nome comúnLoureiro
Nome científicoLaurus nobilis
DescriciónÁrbore perenne, cónica, a miúdo arbustiva. Follas de elípticas a ovadas, puntiagudas coa marxe ondulada, aromáticas ao ser frotadas. É o loureiro que se emprega para cociñar. Cortiza gris escura e lisa. Froito en bagas.
FloraciónPrimavera.
HabitatBosques perennifolios, matorrais, e lugares rocosos.
Sabugueiro
Nome comúnSabugueiro
Nome científicoSambucus nigra
DescriciónÁrbore caducifolio a miúdo arbustiva con varios ramais que emerxen da base. Follas pecioladas (peciolo= rabo pequeno que une a lámina dunha folla ao seu talo) dispostas en pares opostos, pinnadas (pinna o folíolo= cada unha das pezas separadas nas que ás veces está dividida a lámina dunha folla); teñen un olor desagradable. Flores individuais e brancas. A cortiza é de cor pardo gris e os froitos son bagas comestibles negras.
FloraciónNo verán.
HabitatBosques húmedos e setos de toda Europa.
Castiñeiro
Nome comúnCastiñeiro
Nome científicoCastanea sativa
DescriciónÁrbore caducifolia, corpulenta, de tronco groso que se baleira de vello. Cortiza lisa, grisácea ou pardusca. Follas sinxelas, alternas, caedizas, lanceoladas, de ápice agudo coa marxe aserrada. O froito está nunha cúpula ou ourizo provisto de longas espiñas.
FloraciónDe maio a xuño.
HabitatMedra en solos frescos, profundos, sen acumulación excesiva de sales, evitando solos compactos e moi húmidos.
Freixo
Nome comúnFreixo
Nome científicoFraxinus excelsior
DescriciónÁrbore caducifolio que se distingue fácilmente doutras especies de Fraxinus polas súas xemas de cor negra. Follas pinnadas compostas. As flores abren antes que as follas, sendo as femininas máis longas que as masculinas; púrpuras escuras, sen pétalos. Os froitos ou sámaras (froito seco indehiscente que non se abre por unha valva) atópanse onde comeza a rama do último ano ou nas ramas do ano anterior.
FloraciónDe Abril a Maio.
HabitatBosques mixtos, beiras dos ríos, solos ricos.
Espino albar
Nome comúnEspiño albar
Nome científicoCrataegus monogyna
DescriciónÉ unha árbore de folla caduca, con ramas espiñentas, follas lampiñas e aserradas, caducas, flores brancas, olorosas e froito ovoide, revestido de pel tenra e avermellada que encerra unha pulpa doce e unha única semente.
Poden ser arbustos ou pequenas árbores. A cortiza é grosa e parda con gretas verticais laranxas.
FloraciónA finais da primavera.
HabitatCrece nas matogueiras, beiras de ríos, sebes…
Árbores da serpe
Nome comúnÁrbore da serpe, fuseira, bonete de crego.
Nome científicoEuonymus europaeus
DescriciónPequena árbore ou arbusto caducifolio. Follas caducas, lanceoladas e opostas estando debilmente dentadas. As flores son insignificantes de cor verde pálida que se agrupan en acios pequenos. O froito é unha cápsula carnosa de cor rosada con catro cuarteiróns que conteñen as sementes.
FloraciónFlorece de abril a maio e os froitos maduran no outono.
HabitatClaros de bosques de caducifolias, sebes, solos frescos e profundos
Vimbio
Nome común Vimbio, vimieiro, vimbieira
Nome científico Salix viminalis
Descrición É un arbusto grande, ocasionalmente árbore, con pólas magras e longas, erectas; poliñas de cor verde amarelenta ou pardo cincento a avermellado. As follas son pecioladas, lanceoladas estreitiñas ou con bordos paralelos. As inflorescencias aparecen antes que as follas, e antes da floración presentan una vistosa pilosidade mesta e sedosa. Froito en cápsula.
Floración De marzo a abril.
Habitat Zonas húmidas influenciadas polo home, xunto aos cultivos.