Réptiles

Escáncer
Nome comúnEscáncer, Lución
Nome científicoAnguis fragilis
DescriciónO escáncer é un lagarto sen patas que se confunde a miúdo cunha serpe, con todo posúe certas características que o separan destas, incluíndo a presenza das pálpebras e as aberturas do oído. Os adultos teñen un aspecto liso brillante e o ventre gris ou azulado. A femia é xeralmente de cor marrón, cobrizo ou vermello na parte posterior. O macho varía en cor, sendo gris, marrón, cobrizo ou avermellado, e adoita ter unha cabeza máis ampla que a femia.
En ocasións, os individuos poden ter manchas azuis, unha característica que é máis común entre os machos que entre as femias.
HábitatAtópase en hábitats abertos e tende a refuxiarse debaixo das pedras, táboas de madeira ou láminas de ferro corrugado no sol.
Cobra de colar
Nome común Cobra de colar
Nome científico Natrix natrix
Descrición Excepcionalmente pode chegar a medir dous metros de lonxitude; os adultos normalmente roldan os 120cm. Ten o corpo groso, a cabeza redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable, o máis habitual é pardo ou verde escuro, aínda que poden aparecer desde cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos mostran un colar aracterístico de cor amarelada ou alaranxada. Non produce veleno polo que a súa defensa máis frecuente é producir un fluído de cheiro fétido desde as glándulas anais e finxir que está morta. En ocasións finxen atacar golpeando simplemente abrindo a boca.
Hábitat É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son maiores que os machos. A culebra de colar hiberna durante o inverno e se aparea pouco despois de saír do estado de hibernación, na primavera durante abril ou maio. Pódense atopar aos lados dos ríos, pozos, lagos pequenos, torrentes e lagos, pero prefire localidades arbustivas, áridas ou boscosas que estean a unha certa distancia da auga.
Víbor Maura
Nome comúnCobra de auga
Nome científicoNatrix maura
DescriciónÉ de tamaño medio e pode alcanzar unha lonxitude de ata 80cm, aínda que non adoita superar os 50cm. Caracterízase por mostrar escamas moi carenadas no dorso. Ten pupilas redondeadas. O seu comportamento defensivo é moi curioso: cando se sente ameazada aplana a cabeza que adquire unha forma triangular, asubía e mostra o seu deseño ventral, o que a fai moi similar a unha víbora. A pesar diso, é unha especie moi tranquila que non ataca máis que as súas presas. Cando é capturada actúa como a cobra de colar, descarga un líquido fedorento polas súas glándulas anais. Non é velenosa
HabitatAtópase habitualmente asociada a medios acuáticos dentro de prados ou bosques abertos, tales como ríos e lagoas, na auga ou nas súas inmediacións.
Víbora Seoanei
Nome común  Víbora de Seoane
Nome científico Vipera seoanei
Descrición

É unha víbora de talla mediana, cunha cabeza grande e o fuciño esmagado ou lixeiramente levantado. A cola é pequena . Os adultos poden alcanzar os 70-75cm, pero usualmente varían entre os 45 e 58cm. É unha especie moi polimórfica, cunha variación individual e xeográfica notable. As marcas laterais e vertebrais poden ser moi variadas podendo presentar catro patróns distintos: o máis característico é o fondo dorsal e lateral marrón ou gris claro e no dorso unha banda lonxitudinal  máis escura con manchas negras alternas e opostas que poden formar unas banda en zigzag ben desenvolvida (clásica);  noutro deseño a banda lonxitunidal está separada en dúas bandas dorsolaterais sobre un fondo negro uniforme (bilineata); nun terceiro tipo de deseño a banda lonxitudinal esváese ou desaparece e o zigzag dorsal é máis estreito e pode verse interrompido formando bandas negras transversais sobre fondo gris (cantábrica); e por último pode presentar unha coloración de fondo gris escura, uniforme, sen marcas no lado dorsal (uniforme). Segundo a zona tamén varían o número de escamas que poden estar máis ou menos fragmentadas.

Hai rasgos característicos para diferenciar as víboras (velenosas) das cobras (inofensivas): estas soen ser máis grandes, entre 1 e 2m mentres que as víboras non soen superar os 60cm, outro rasgo inequívoco é a pupila que nas cobras é redonda e nas víboras é vertical, ademáis de que a cabeza desta é triangular e por último, podemos fixarnos no tamaño das escamas que nas cobras son grandes na cabeza en comparación coas do resto do corpo e nas víboras case non hai diferencia.

A víbora de Seoane debe o seu nome ao naturalista galego Victor López Seoane.

Habitat

Ocupa bosque abertos e húmidos de carballos, zonas entre bosques e prados e áreas con abundante vexetación basal que lle permiten a actividade de termoregulación. Tamén habita xeralmente lugares onde predominan os fentos, xa que este tipo de planta favorece a súa camuflaxe.