Mamíferos

Lontra
Nome comúnLontra
Nome científicoLutra lutra
DescriciónAnimal mamífero pertencente á orde Carnívora. Hábitos nocturnos, durmindo de día na marxe do río e espertando de noite para buscar alimento. A lontra adulta mide de 55 a 120cm de lonxitude (incluíndo a cauda) e pesa ata 15 quilos. Forma parte da lista de animais ameazados de extinción principalmente polo alto valor da súa pel e pola depredación dos ecosistemas aos que a lontra está adaptada. De vista reducida, pecha os oídos e o nariz cando se mergulla, polo que confía todo o seu potencial de pesca aos bigotes, que lle permiten detectar pequenas vibracións da auga en condicións difíciles.
A presenza da lontra nun río é o mellor indicador que temos sobre o bo estado dun cauce fluvial.
Hábitat e comportamentoOs grupos sociais están formados polas femias e as súas crías. Os machos non viven en grupos e só se xuntan ás femias na época de procreación. O período de xestación da lontra é de preto de 2 meses e ao remate nacen de 1 a 5 crías. As crías abandonan o tobo, aos dous meses de idade. Aínda que sexa un animal carnívoro e normalmente salvaxe, a lontra é dócil e gústalle brincar coas persoas, sendo posíbel domesticala.
Erinaceus Europaeus
Nome comúnOurizo cacho
Nome científicoErinaceus europaeus
DescriciónO ourizo común é un mamífero insectívoro que abunda nas fragas galegas e nas praderías que teñen arbustos, sebes e valados onde agocharse. O adxetivo cacho aplícase a calquera animal ou planta que se envolve sobre si mesma.
Hábitat y comportamentoO ourizo común tende a vivir en espazos abertos cubertos por matogueiras, en terreos cultivados, en dunas de area, e ata en pedregaies, pero que en xeral non sexan demasiado húmidos nin demasiado fríos.
Talpa Occidentalis
Nome comúnToupa cega
Nome científicoTalpa occidentalis
DescriciónÉ unha especie de mamífero soricomorfo da familia Talpidae endémica do oeste e centro da Península Ibérica que se alimenta de larvas e vermes baixo terra.
Hábitat e comportamentoA toupa adóitase atopar en prados, cultivos regados e terreos de bo solo orgánico. Tamén habita bosques de chopos, freixos e olmos.
Sorex Granarius
Nome comúnFurafollas ibérico
Nome científicoSorex granarius
DescriciónO furafollas ibérico é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae soamente distribuída pola Península Ibérica. A pelame é de cor marrón escura, carece de banda mediodorsal escura e o ventre é gris amarelado. A lonxitude de cabeza e corpo é duns 4 cm, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os 6 g. Ten as puntas dos dentes de cor vermella aínda que xeralmente os incisivos superiores mostran unha tonalidade máis clara.
Hábitat e comportamentoÉ un endemismo ibérico. Distribúese ao longo do Sistema Central desde a serra de Ayllón á serra da Estrela (Portugal), estendéndose cara ao norte desde o río Texo ata Galicia.
Sorex Minutus
Nome comúnFurafollas pequeno
Nome científicoSorex minutusa
DescriciónA pelame é de cor marrón escura no dorso e pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de cabeza e corpo é duns 6 cm, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede dos 6 g. Esta variedade é un dos mamíferos máis pequenos de Europa.
Hábitat e comportamentoHabita en zonas de vexetación eurosiberiana, principalmente carballeiras, faiais, e nas matogueiras de substitución destes, aínda que tamén se localiza en zonas de queiruga e matogueira de montaña
Neomys Anomalus
Nome comúnMuraño de Cabrera
Nome científicoNeomys anomalus
DescriciónO muraño de Cabrera é de pequeno tamaño, de 6 a 9 cm de tronco, e de 4 a 6 cm de cola, cun peso total de entre 7,5 a 16 g. A cor varía, pero o ventre sempre é claro, case branco, e a cola é bicolor. As orellas están ocultas totalmente na pelame, o fociño é groso e os dentes de cor granate.
Hábitat e comportamentoHabita en augas limpas e sen contaminar, e en arquetas de mananciais. Nas montañas vive en pastos húmidos, en zonas pantanosas, ladeiras e prados húmidos; mesmo se atopa ás veces nos edificios. É un bo indicador da pureza de ríos e regatos.
Crocidura Russula Huisspitsmuis
Nome comúnMuraño común
Nome científicoCrocidura russula
DescriciónÉ un crocidurino de mediana talla e cola relativamente curta, de 30 a 40 mm, corpo de 34 a 47 mm e de 7 a 14 g. Os ollos son pequenos e ten os pavillóns auditivos ben desenvolvidos e moi visibles.
Hábitat e comportamentoÉ unha especie de requirimentos basicamente mediterráneos. Prefire hábitats abertos e marxes dos bosques con boa cobertura vexetal do chan. Aparece tamén en campos de cultivo e nas zonas boscosas con sotobosque claro.
Crocidura Suaveolens
Nome comúnFuraño xardineiro
Nome científicoCrocidura suaveolens
DescriciónÉ semellante á musaraña gris (Crocidura russula). Co dorso de cor acastañado, ventre agrisado, coa cola cuns característicos pelos longos.
Hábitat e comportamentoNa Península Ibérica ocupa diversos medios na zona de influencia atlántica, mentres que na rexión mediterránea queda relegada ao ambientes húmidos.
Rhinolophus Ferrumequinum
Nome común Morcego grande de ferradura
Nome científico Rhinolophus ferrumequinum
Descrición O morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) é unha especie de quiróptero propio do sur da rexión Paleártica. É o .representante do xénero Rhinolophus de maior tamaño de Europa, é unha das especies máis ubicuas. Prefire os hábitat arborizados aos biotopos abertos. Como todos os Rhinolophus emite os ultrasóns polo nariz e non pola boca, coma o resto da suborde dos microquirópteros; tampouco ten grolo.
Hábitat e comportamento Utiliza refuxios de variada natureza, comunmente subterráneos durante o inverno, mentres que durante a época de actividade as áreas de caza localízanse entre 200 e 1.000 metros do seu refuxio. Para cazar utilizan “perchas” ou pousadoiros nocturnos, onde permanecen colgados ata localizar unha presa. Distribúese desde o nivel do mar ata os 1.600 metros de altitude. É unha especie gregaria, forma colonias de ata novecentos individuos, sedentaria con gran fidelidade polos refuxios que reúnen condicións adecuadas para a cría e a hibernación.
Myotis Myotis
Nome comúnMorcego rateiro grande
Nome científicoMyotis myotis
DescriciónAs femias son algo maiores que os machos, de pelo curto e denso, cunha base escura e co dorso de castiñeiro a pardo agrisado e o ventre case branco; os espécimes novos son dun gris cincento, pel parda avermellada. O fociño é ancho e con avultamentos glandulares.
Hábitat e comportamentoOcupa zonas tépedas. Os seus territorios de caza e campeo adoitan ser bosques abertos tipo devesa e os parques asociados con áreas marxinais urbanas. Está considerada como unha especie forestal.
Pipistrellus Pipistrellus
Nome comúnMorcego común
Nome científicoPipistrellus pipistrellusi
DescriciónMide de 3,5 a 5 cm. A envergadura varía entre 19 e 25 cm e as ás son estreitas. Pesa de 3,5 a 8 g. As súas orellas son curtas, triangulares e cos vértices redondeados. Do mesmo xeito que outros morcegos da familia Vespertilionidae, Pipistrellus pipistrellus posúe un grolo con forma de ril, de punta redondeada e especialmente longo e desenvolvido.
Hábitat e comportamentoPode vivir desde o nivel do mar ata os 2.000 m. É moi común atopalo en zonas habitadas, así como en xardíns e parques de cidade
Oryctolagus Cuniculus Tasmania
Nome comúnCoello bravo
Nome científicoOryctolagus cuniculus
DescriciónCaracterízase por ter o corpo cuberto dunha pelame espesa e suave, de cor parda pálida a gris, cabeza ovalada e ollos grandes. Pesa entre 1,5 e 2,5 kg en estado salvaxe. Ten orellas longas de ata 7 cm que lle axudan a regular a temperatura do corpo e unha cola moi curta. As súas patas anteriores son máis curtas que as posteriores. Mide de 33 a 50 cm.
Hábitat e comportamentoVive en áreas secas próximas ao nivel do mar cun solo areoso e brando para facilitar a construción de tobos. Habitan en bosques aínda que prefiren campos extensos cubertos por matogueiras onde poden esconderse. O coello é un animal gregario e territorial. En óptimas condicións de terreo e alimento prefiren vivir en longas e complexas “coelleiras” ou tobos.
Lepus Capensis
Nome comúnLebre
Nome científicoLepus granatensis
DescriciónPesa uns 2,5 kg de media e mide de 40 a 55 cm de lonxitude. A lebre híspida ten orellas curtas e anchas, ollos pequenos, garras fortes e dentes grandes. As súas patas traseiras son curtas e robustas. A pel, incluída a cola, está formada por dúas capas: unha capa externa grosa, mestura de pelos negros con pelos marróns claros, que lle dan unha tonalidade marrón escura, e unha capa interna, máis fina, de cor exclusivamente marrón clara.
Hábitat e comportamentoAs lebres híspidas son animais de movementos lentos en comparación coas outras lebres. Son de costumes nocturnas e adoitan vivir de forma solitaria ou en parella.
Atribuciónnon
Sciurus Vulgaris
Nome comúnEsquío
Nome científicoSciurus vulgaris
DescriciónO seu corpo mide entre 20 e 30 cm e a súa cola entre 15 e 25 cm. Pesa de 250 a 340 g. A súa pelame é de cor avermellada. Cando chega o inverno aparecen uns penachos de pelos nas orellas. Nas súas patas anteriores ou mans ten catro dedos mentres que nas posteriores ten cinco.
Hábitat e comportamentoÉ habitante habitual dos bosques de coníferas, aínda que tamén está presente noutras formacións arbóreas. Desenvolve a súa actividade durante o día buscando e consumindo froitos, sementes, cortizas e mesmo insectos, ovos e aves. Non hiberna senón que se mantén activa consumindo o que foi almacenando no chan e en diferentes buratos das árbores e das penas. Desenvolve a súa actividade nas árbores aínda que non dubida en baixar deles para recoller alimento.
Atribuciónnon
Eliomys Quercinus
Nome comúnLeirón careto
Nome científicoEliomys quercinus
DescriciónÉ un roedor de tamaño mediano cuxa lonxitude, excluíndo a cola, oscila entre 10 e 17 cm. De complexión repoluda e cunha pelame contrastada que presenta unha coloración pardo-avermellada no lombo e branca na parte inferior. Na cabeza destacan dúas orellas prominentes e dúas características manchas negras que se estenden desde os seus grandes ollos cara atrás, a semellanza dun anteface, e que son a causa do seu nome. Mans con cinco longos dedos, que lle permiten rubir facilmente ás árbores.
Hábitat e comportamentoO leirón vive xeralmente en zonas boscosas típicas da Península Ibérica e en penasqueiros.
Atribuciónnon
Microtus Agrestis
Nome comúnTrilladeira dos prados
Nome científicoMicrotus agrestis
DescriciónDe tamaño mediano e de aspecto robusto. O fociño é bastante romo e coa cola relativamente curta. Aínda que as orellas están máis cubertas polo pelo, externamente ten unha morfoloxía moi similar á do toupiño campesiño, (Microtus arvalis), do que é difícil de distinguir. A pelame é parda agrisada no dorso cos flancos máis pálidos, chegando a ser amarelados; a gorxa, o ventre e as patas son grises e a cola presenta unha coloración máis escura.
Hábitat e comportamentoFundamentalmente atópaselle en praderías e herbais espesos con pouca ou nula presión de pastoreo, con requirimentos ambientais centroeuropeos, pero menos que o toupiño vermello (Myodes glareolus), ocupa tamén plantacións forestais de árbores novas con substrato herbáceo desenvolvido, sendo moi frecuente en zonas montañosas e boscosas.
Atribuciónnon
Arvicola Sapidus
Nome comúnRata de auga común
Nome científicoArvicola sapidus
DescriciónPesa entre 150 e 280 gramos e ten as orellas pequenas. O seu corpo mide entre 16 e 23 cm, a cola mide 12 cm máis ou menos. A pelame é marrón escura sobre as costas, en contraposición co gris do ventre.
Hábitat e comportamentoEsta especie está presente en Francia, España e en Portugal. Tras a ameaza de desaparición a curto prazo, emprendéronse algúns esforzos para salvala que foron desde campaña de información e sensibilización do público a cambios nas obras públicas que afectan o hábitat da rata anfibia e á súa conservación.
Atribuciónnon
Canis Lupus
Nome comúnLobo
Nome científicoCanis lupus
DescriciónO peso e tamaño do lobo pode variar considerablemente ao longo do mundo, e tende a incrementarse proporcionalmente coa latitude, como prognosticou a regra de Bergmann. En termos xerais a altura varía entre os 60 e os 90 cms ata o ombreiro, e teñen un peso de entre 32 e 70 kg.
Hábitat e comportamentoAtópanse en todos os continentes. Van en mandas e son grandes cazadores.
Atribuciónnon
Vulpes Vulpes
Nome comúnRaposo
Nome científicoVulpes vulpes
DescriciónO raposo común xeralmente é de cor avermellada, coas puntas das orellas e os extremos das patas negros, unha cola poboada coa punta branca e o bandullo desta mesma cor. Esta tonalidade vermella pode variar desde o pardo avermellado ata o vermello alaranxado, pero a gama de cores da súa pelame é ampla e pode ir dos ocres, grises e mesmo negros ata os brancos, e aínda que a súa capa superior adoita ser máis ou menos uniforme pode presentar manchas e franxas.
Hábitat e comportamentoO raposo común é nativo de toda a rexión paleártica, estendéndose desde a Península Ibérica ata Xapón. En África atópase na rexión mediterránea e ao longo do río Nilo.
Atribuciónnon
Mustela Erminea
Nome comúnArmiño
Nome científicoMustela erminea
DescriciónÉ un dos carnívoros máis .pequenos do mundo. Ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. O seu peso varía entre os 100 e os 300 g. No verán, a pelame é parda ou marrón no dorso, e branca ou branca amarelada no peito e no ventre; pero sempre conserva o extremo da longa cola de cor negra.
Hábitat e comportamentoO armiño adoita establecer o seu tobo baixo unha chea de pedras ou disimulado no interior dunha mata espiñenta. Aliméntase principalmente de roedores, que persegue mesmo ata dentro dos seus propios agochos. É unha especie de hábitos nocturnos e diúrnos; pasa o día en varias fases de actividade entrecortada por períodos de sono máis ou menos prolongados. É terrestre e non rube, móvese de forma rápida e áxil e é capaz de dar grandes saltos.
Atribuciónnon
Genetta Genetta
Nome comúnXineta
Nome científicoGenetta genetta
DescriciónPolo seu aspecto, de estampa felina, a xineta aseméllase a un gato alongado de pelo amarelado a agrisado, salpicado de manchas negras no corpo e con forma de aneis na cola. Nesta, o pelo é máis longo e cumpre funcións estabilizadoras nos saltos e persecucións. O corpo pode chegar aos 55-60 centímetros, lonxitude que iguala ou supera a cola. Pode chegar chegar a medir un metro desde a cabeza á punta da cola.
Hábitat e comportamentoViven xeralmente en bosques, pero poden adaptarse ás praderías, e ruben bastante ben. As xinetas son depredadoras nocturna que viven e cazan de forma solitaria, aínda que toleran a presenza doutros individuos da súa mesma especie nas proximidades.
Atribuciónnon
Felis Sylvestris
Nome comúnGato montés
Nome científicoFelis sylvestris
DescriciónÉ un felino de pequeno tamaño, antecesor salvaxe dos gatos domésticos. Os gatos salvaxes xeralmente son de constitución máis robusta que os seus parentes caseiros. Adoitan ser de cor predominante parda grisácea atigrada, máis clara e ocrácea no ventre e nas partes inferiores, con catro raias negras lonxitudinais na fronte que van converxer nunha liña que percorre toda a espiña dorsal.
Hábitat e comportamentoO gato salvaxe vive en bosques, e en lugares pouco degradados e afastados dos núcleos urbanos. Tipicamente forestal, pode ocupar, así mesmo, as malezas e as matogueiras densas que lle ofrecen suficiente cobertura, así como as zonas con abrigos rochosos.
Atribuciónnon
Xabarín
Nome comúnXabaril
Nome científicoSus scrofa
DescriciónO xabaril é un mamífero de tamaño mediano provisto dunha cabeza grande e alongada, na que destacan uns ollos moi pequenos. O pescozo é groso e as patas son moi curtas, o que acentúa aínda máis o seu repoludo corpo no que é maior a altura dos cuartos dianteiros que dos traseiros, a diferenza do porco doméstico, que por evolución xenética desenvolveu máis a parte posterior do seu corpo, onde se localizan as pezas que alcanzan máis valor no mercado das carnes.
Hábitat e comportamentoO xabaril adáptase a todo tipo de hábitats sempre que dispoña dunha mínima cobertura e alimento, aínda que prefire os lugares cunha vexetación alta onde poder camuflarse (carrasca, xestas, xuncos, espiños…), e onde abunde a auga (para beber, revolverse no lodo ou barro e regular a súa temperatura). Os seus hábitats predilectos son os bosques de aciñeira e os macizos forestais caducifolios ou mixtos, sobre todo se están pouco visitados e o seu nivel inferior é rico en maleza, silvas e espinos onde poida deitarse en seco e ao abrigo do vento.
Atribuciónnon