Anfibios

Nome comúnTritón
Nome científicoLissotriton boscai
DescriciónAnfibio de pequeno tamaño, miden uns 8-9 cm, compacto, de fuciño lonxitudinal, a miúdo cun suco lonxitudinal. O dorso é parduzco nos machos e pardo oliva nas femias. Ventre amarelo a laranxa, bordos claros e manchado de negro.
Hábitat Ambientes moi diversos, dende bosques de carballos, plantacións de eucaliptos, zonas de matogueira e cultivos, etc…Pasan o día debaixo das pedras, saíndo a cazar de noite. Os cágados miden entre 10 e 18 mm, son de cor amarelada cun deseño punteado en escuro.
Nome comúnPintega común
Nome científicoSalamandra salamandra
DescriciónAnfibio que pode chegar aos 25 cm de lonxitude, de cabeza robusta, con ollos redondeados e prominentes. Corpo redondeado, de pel lisa, con sucos nos costados. A cor é variable, polo xeral hai unha base negra na que aparecen manchas amarelas. A súa pel contén pequenas cantidades de sustancias tóxicas que irritan os ollos e a boca dos predadores. Se perden algún membro, poden rexeneralo.
HábitatHábitos nocturnos, aínda que poden estar activos polo día se a humidade relativa é alta e cando a temperatura é fresca. Polo día o seu refuxio son os troncos das árbores caídas ou debaixo das pedras. As larvas atópanse nos arroios e fontes de augas limpas.
Nome comúnLimpafontes común
Nome científicoTriturus marmoratus
DescriciónAnfibio que pode chegar aos 25 cm de lonxitude, de cabeza robusta, con ollos redondeados e prominentes. Corpo redondeado, de pel lisa, con sucos nos costados. A cor é variable, polo xeral hai unha base negra na que aparecen manchas amarelas. A súa pel contén pequenas cantidades de sustancias tóxicas que irritan os ollos e a boca dos predadores. Se perden algún membro, poden rexeneralo.
HábitatPasan o día baixo as pedras, saíndo para cazar de noite. Aparéanse en pozas e estanques pequenos. Observa retiro invernal.
Nome comúnSalamandra galega
Nome científicoChioglossa lusitanica
DescriciónÉ unha salamandra pequena, alargada e esbelta cunha cola moi longa que pode amputarse como o rabo dos lagartos.
HábitatMáis activa durante a noite é semiterrestre e encontrase baixo as pedras, entre o musgo ou follarasca, sempre cerca de arroios con auga corrente e limpa.
Nome comúnSapo partero
Nome científicoAlytes obstetricans
DescriciónÉ de pequeno porte, 5cm; aspecto voluminoso, cabeza grande frente redondeada, ollos prominentes (pupila vertical, iris dourado e vetas negras). Tímpano visible e máis diminuto que o ollo. A pel é granulosa con verrugas pequenas, agrupadas nos costados en dúas fileiras dorsolaterais.
HábitatO seu hábitat natural son os bosques templados, subtropical ou tropicais secos, arbustos temperados, ríos, lagos e pantanos de auga doce, desertos temperado, campo arable, pasturas, área urbana.
Nome comúnSapo raxado
Nome científicoDiscoglossus galganoi
DescriciónSapiño de pequeno tamaño de 45 a 75 mm, de cabeza aplanada, case tan longa como ancha, e fociño obtusamente puntiagudo.
HábitatOcupa unha gran variedade de hábitats, case sempre sobre substratos silícios ou metamórficos, en zonas abertas, en ríos e regatos, en zonas de elevada humidade con abundancia de vexetación herbácea, que lle serve de refuxio.
Nome comúnSapo cuncheiro
Nome científicoBufo bufo
DescriciónOs machos roldan os 8 cm de lonxitude e as femias 13 cm, aínda que excepcionalmente poden alcanzar uns 15 cm de lonxitude. Pesan entre 20 e 80 gramos. As femias son xeralmente máis grosas que os machos e as mostras do sur tenden a ser máis grandes que as do norte.
HábitatAtópase principalmente en zonas boscosas con coníferas, caducifolias e bosques mixtos, especialmente en lugares húmidos. Tamén habita en campo aberto, prados, soutos, cultivos, parques e xardíns, e a miúdo dáse en zonas secas bastante afastadas de auga estancada.
Nome comúnSapo corriqueiro
Nome científicoBufo calamita
DescriciónSapo de entre 5 e 6 cm de lonxitude, con máximos nas femias de 9,5 cm e nos machos de 9 cm. Moi raramente alcanzan os 12 cm. As tallas das poboacións ibéricas son algo maiores que as centroeuropeas, fóra da poboación de Doñana onde se observa un fenómeno de ananismo.
HábitatDe hábitos terrestres, ocupa case calquera hábitat, evitando as rexións eurosiberianas máis húmidas e os bosques densos con abundante sotobosque. Require de pozas pequenas ou temporais para reproducirse.
Nome comúnRa patilonga
Nome científicoRana ibérica
DescriciónÉ unha pequena ra vermella, do grupo de ra temporaria, que habita o norte de Portugal, Galicia, a cordilleira Cantábrica e o Sistema Central ibérico, nos seus sectores occidentais e centrais.
HábitatÉ unha ra de montaña, que se atopa en regatos e charcas de auga fría sobre substrato rochoso e entre vexetación de ribeira. Captura sobre todo presas terrestres, principalmente insectos e arañas.
Nome común Ra verde
Nome científico Pelophylax perezi
Descrición É unha ra entre mediana e grande, que pode alcanzar os 11 cm de lonxitude nas femias, aínda que non adoita exceder dos 8 cm.
Hábitat É unha especie estritamente acuática, aparecendo en todo tipo de masas de auga, aínda que preferiblemente en ambientes permanentes.