Descripción xeneral
As Brañas, debido ao seu abandono nos últimos 60 anos, constitúe unha reserva natural na que podemos avistar fauna salvaxe do máis variada: réptiles, anfibios, aves e mamíferos. Durante a intervención do Obradoiro ECOTUR XUVENIL puidéronse observar parrulos salvaxes ao longo de todo o río, merlos acuáticos, salamántigas, tritóns, serpes, escánceres e lontras. A veciñanza da zona fala de ver recentemente raposas con crías, tartarugas terrestres, xabaríns e moitos mouchos.
En canto á flora, atopamos sobre todo vexetación riparia (riparia vén do latín ripa, que significa ribeira dun río). Abundan salgueiros, ameneiros, loureiros, molinia ou lirios. As investigacións permitiron determinar que as zonas de ribeira son instrumentais na mellora da calidade da auga porque posúen unha alta capacidade de remoción do nitróxeno que se verte aos ríos, polo tanto xogan un importante rol na xestión do impacto das actividades agrícolas nestes hábitats.
O clima temperado subhúmido de Santiago pódese dicir que resulta aínda máis extremado nas brañas. O subsolo está constituído por dúas unidades fundamentais, o substrato rochoso con predominio de xistos e a cobertura superficial composta por solos de orixe aluvial de textura principalmente areo-limosa.
As Brañas reciben ese nome por seren terreos de drenaxe deficiente, onde o risco máis relevante é o de inundación. A contaminación das augas superficiais e subterráneas orixina de forma directa e difusa un impacto no medio que se intensifica en especial en puntos de vertedura, coincidentes coa evacuación de augas residuais urbanas e pluviais.
Uso dos chans
A tendencia é o abandono da ocupación agrícola sen darlle otro uso económico. As antigas terras de cultivo abandoaronse e progresivamente fóronse repoblando con vexetación espontánea, conservándose todavía algunhas fincas sometidas a cultivos de rotación de autoconsumo e prados de sega.
A vexetación higrófila (vexetación de ambentes acuáticos como puede ser a ribeira dun río) que caracteriza as Brañas del Sar, constitue un hábitat de gran valor biolóxico. Ademais do su interese de conservación, teñen un interese paisaxístico e recreativo, productivo para o gando, como regulador hidrolóxico pola retención que conten a erosión, e un valor cultural e patrimonial como exemplos dunha paisaxe que noutros tempos foi moito máis abundante.
A súa composición arbórea é casi exclusivamente de alisos (Alnus glutinosa) e sauces de diversas variedades (Salix sp.), así coma Iris pseudacorus ou lirio amarelo.
Os usos do chan reflexan a realidade actual do aproveitamento do territorio:
- Uso agrícola
- Inclúense as zonas agrícolas de explotación máis intensiva na actualidade, que se corresponden coas zonas de labra máis antigas. Están situadas nas zonas máis altas e máis pendentes. Son as terras de mellor calidade e de máis fácil manexo tras longos períodos de labra. Esta clase comprende os pequenos prados mellor drenados, as terras de labradío (principalmente con cultivo de pataca, millo, col e grelos) e as hortas de autoabastecemento do sistema agrícola tradicional galego.
- Uso gandeiro
- Son os terreos destinados a prados de pasto ou de sega. Engloba as zonas máis deprimidas ou próximas a leitos, nas que os únicos aproveitamentos posibles consisten en segas de forraxe durante o verán e pastoreo en extensivo nas zonas mellor drenadas con moi baixa carga gandeira. As especies constitutivas destas praderías alternan vexetación natural higrófila con herbáceas introducidas por sementeira.
Ademáis do seu interése de conservación, teñen un interése paisaxístico e recreativo, productivo para o gando, como regulador hidrolóxico pola retención que conten a erosión, e un valor cultural e patrimonial
- Zona en desuso
- Recolle todas aquelas zonas onde o aproveitamento agrícola está excluído. Entran nesta categoría terras onde a vexetación predominante é espontánea, en diferentes agrupacións vexetais, por exemplo zonas de vexetación húmida, vexetación formada basicamente por ameneiros e salgueiros, mato, tanto de toxo como de silveiras, e nalgúns casos con arboredo espontáneo. Esta zona é a que posúe maior potencialidade ambiental das brañas. Tamén incorpora as zonas que posuíron a maior potencialidade agrícola, como son as parcelas de regadío comprendidas entre o río e as canles de rega.
- Uso forestal
- Inclúe o solo de uso forestal, principalmente con chopos, (Populus, spp), susceptible de aproveitamento da madeira.
- Zona de uso non agropecuario.
- Refírese ás zonas non produtivas en termos de solos ou vexetativos. Inclúe esta zona a superficie urbanizada, con edificacións, zonas de equipamento deportivo (como é o caso do campo de fútbol) e as vías urbanas.
Illa vexetal
A fauna que debería estar presente estaría integrada, basicamente, por peixes e anfibios, pero tamén por aves acuáticas e mamíferos que obterían o seu alimento do corredor fluvial. As brañas son un hábitat para gran variedade de anfibios, así como de aves insectívoras. As masas de mato fornecen de refuxio aos mamíferos, que atopan gran parte da súa dieta nos froitos que producen, e tamén serven de lugar para aniñar.
A presión humana, debida ás continuas obras de infraestruturas e á deficiente calidade das augas, converteu este espazo nun conxunto de ausencias de cantidade e variedade de especies.
Entre os elementos definitorios da paisaxe das brañas podemos diferenciar os terreos que foron alterados pola man humana para acadar unha maior produtividade e aqueles cuxas características son tan extremas que na única productividade é a asociada aos pasteiros.
Podemos dicir que estamos ante unha illa vexetal dentro dun contorno urbano, onde o arborado cobra unha especial importancia volumétrica. Ese illamento, debido á baixa accesibilidade e tránsito, garante a preservación dos seus hábitats especializados, acollendo e refuxiando unha singular diversidade ecolóxica.
Elementos da paisaxe: flora
A paisaxe encóntrase determinada por varios elementos, que poden agruparse en tres categorías: abióticos (relevo, litoloxía, clima, auga, solo), bióticos (vexetación, fauna) e antrópicos (que abranguen todas as infraestruturas e intervencións humanas sobre o medio natural).
A protección destes sistemas naturais contribúe activamente ao mantemento da biodiversidade, da que os ríos constitúen auténticas canles de natureza na cidade. É necesario, polo tanto, aproveitar e potenciar as características dos sistemas ambientais como activos na protección ecolóxica e na restauración periurbana con base ambiental.
A vexetación higrófila que caracteriza as Brañas do Sar constitúe o seu activo natural de maior interese, dando cabida a tres hábitats coas seguintes características:
Prados higrófilos
Vexetación: o senecio (Senecio aquaticus), molinias ou molineas (Molinia caerulea). A miúdo estes prados proceden de cultivos de herbáceas sementados que evolucionan para xuncais, Juncus effusus (xunca, herba xunqueira), nas depresións do terreo máis húmidas.
Vexetación riparia ou de ribeira
A súa composición arbórea é case exclusiva de ameneiros (Alnus glutinosa) e salgueiros de varias variedades (Salix sp.), entre os que se intercala algún carballo (Quercus robur) e loureiro (Laurus nobilis). Tamén é observable, nos claros, algún sabugueiro (Sambucus nigra).
En relación á vexetación menor constitutiva do sotobosque (arbustos, herbas ou matogueiras que medran debaixo das árbores dun bosque) é destacable a escaseza e a miúdo a ausencia case total.
Vexetación de zona húmida
Especies características: lirio amarelo, espadaina (Iris pseudacorus), os buños ou carrizos (Carex paniculata subsp. lusitanica), salgueiriño, salicaria( Lythrum salicaria).
En zonas encharcadas e con augas estancadas xorde un esbozo de vexetación lacustre ou de zona húmida. Trátase, sen dúbida, do máis valioso das brañas.
Estas manchas de vexetación preséntanse illadas en depresións do terreo que facilitan o embalsamamento de auga, en zonas de pendente practicamente nula.
Existe un claro obxectivo no mantemento, conservación e vixilancia da composición florística destes hábitats, onde destacan especies como: alcaravía, canabrazo, carbea, (Carum verticillatum), berro de prado( Cardamine pratensis), xunca, herba xunqueira (Juncus acutiflorus), pan e queixo, sete en rama, solda brava (Potentilla erecta), lotera, cuernecillo grande (Lotus pedunculatus), xunquillo (Eleocharis sp), molinia, molinea (Molinia caerulea), Deschampsia sp, herba centella (Caltha palustris), orquídea dos pantanos (Epipactis palustris), clavelito (Dianthus deltoides),cardos (Cirsium tuberosum), viola (Viola Palustris), lingua de cobra (Ophioglossum vulgatum).
Tamén están presentes:
- Especies arbóreas como o carballo (Quercus robur) con algún exemplar illado, o castiñeiro (Castanea sativa), o ameneiro (Alnus glutinosa), o salgueiro (Salix spp), o chopo (Populus tremula), o bidueiro (Betula alba) ou o olmo (Ulmus glabra).
- Especies arbustivas como loureiro (Laurus nobilis), espiño (Crataegus monogyna), freixo (Fraxinus excelsior), avellanillo (Frangula alnus),espiño albar (Crataegus monogyna), pereira brava( Pyrus cordata), sabugueiro( Sambucus nigra ), árbore da serpe, fuseira, bonete de crego(Euonymus europaeus), chuchamel, madreselva (Lonicera peryclimenum), herba das almorranas (Ranunculus ficaria), hedra silvestre, herba dos bolos (Glechoma hederacea), pé de boi, nabo do demo (Oenanthe croccata), senecio (Senecio nemorensis), valeriana, bortolo (Valeriana pyrenaica), mapoula silvestre (Anemone nemorosa), lingua de boi (Pentaglottis sempervirens) etc.
- Plantas herbáceas como a cola de can (Cynosorus cristatus), o dáctilo (Dactylis glomerata), o aciano negro (Centaurea nigra), o trevo branco (Triflolium repens), trevo vermello ou violeta (Trifolium pratense).
- Plantas acuáticas: ranúnculo acuático (Ranunculus aquatilis), cola de raposo (Myriophyllum verticillatum), peste de auga (Elodea canadensis), lentella de auga (Lemna minor)
FAUNA
A fauna presente nas Brañas de Sar está composta basicamente por anfibios (cágados, larvas de ras e sapos), píntega común (Salamandra salamandra), tritón (Lissotriton boscai); réptiles como as lagartas (Podarcis bocagei), a cobra de colar (Natrix natrix) ou escánceres (Anguisfragilis); pero tamén por aves como o merlo acuático (Cinclus cinclus), o merlo común (Turdus merula), parrulos (ánade real ou Anas platyrhynchos), mouchos (Bubo bubo), garzas (Ardea cinerea), lavandeiras (Motacilla alba), pegas (Pica pica) e outros córvidos, paporrubios (Erithacus rubecula), pardais (passer domesticus), estorniños (Sturnus vulgaris)e outros paxaros insectívoros; e mamíferos como a lontra (Lutra lutra) ou os raposos (Vulpes vulpes). As masas de mato fornécenlles refuxio aos mamíferos e tamén serven de lugar para aniñaren as aves.