Conxo: Concello independente
Ata o ano 1925 foi un concello independente de Santiago de Compostela
Ata o ano 1925 foi un concello independente de Santiago de Compostela
Din que o nome deste barrio de Santiago deriva de Almerico Canogio, o nome do desafortunado amor de Rusuinda asasinado no Camiño de Santiago e que, segundo a lenda fora enterrado na contorna do mosteiro. Pero non sempre foi só un barrio.
Conxo ten tamén o seu protagonismo na constitución histórica dos concellos, historia que arrinca en 1812 cando as Cortes de Cádiz promulgan a primeira Constitución Española. Esta pretende dotar ao Estado Español dun mellor sistema administrativo, sendo os concellos un dos seus puntos máis importantes, pois se pretendía sacalos do caos e a decadencia na que estaban sumidos baixo o absolutismo monárquico do Antigo Réxime. A reacción absolutista frustrará por dúas veces, 1814 e 1823, estes intentos de reforma.
Morto Fernando VII e baixo o reinado de María Cristina, e inspirados polas reformas que procuraban as Cortes de Cádiz, o 23 de xullo de 1835 redactarase o real decreto que regulará os novos concellos, baixo o que se constituirá o de Conxo. Este comprendía as parroquias de San Martiño de Laraño, Santa María de Villestro, Santa María de Figueiras, San Cristobao do Eixo, San Martiño de Aríns, Santa Baia de Bando e Santa María de Marrozos, chegando a ter ao redor de 15.000 habitantes.
Antes que barrio santiagués Conxo foi independente. Constituído como concello no ano 1835.
A ditadura de Primo de Rivera promulgará en 1924 o Estatuto Municipal, nova norma reguladora dos concellos de España. Con esta norma Primo de Rivera pretendía rexenerar a vida municipal e combater o caciquismo, pero isto non ocorreu porque ao non celebrarse as prometidas eleccións, os alcaldes foron elixidos a dedo polos caciques de sempre.
Aínda que o Estatuto Municipal de 1924 non conseguirá acabar co caciquismo, acabará co reinado de Conxo como Concello Independendiente, xa que a partir de 1925 pasará a formar parte de Santiago.
A actual parroquia de Conxo repártese nos seguintes lugares: Conxo de Arriba, Conxo de Abaixo, Cornes, A Curuxeira, A Fervenza, Monte do Seixo, A Nogueira, Pai da Cana, Ponte da Rocha, Ponte Pereda, O Porto, Poza Real, Rial, Rocha Vella, Torrente e Volta do Castro.