Ruta do Castro de Vixoi

Ruta sinxela e curta, que se pode realizar cun tranquilo paseo ou para os máis aventureiros, en bicicleta. Destaca a súa paisaxe, nunha contorna natural e viva, cheo de historia e tradición grazas aos muíños de río e ao castro, que nos levan a imaxinar como vivían os nosos antepasados nese privilexiado lugar. Ideal para facer fotos, recoller cogomelos e castañas no outono, e refrescarse á beira do río un día caluroso de verán.