O espía alemán

Mette nace en Alemaña en 1875. En 1898 aos 23 anos enrólase na Mariña onde desenvolve unha brillante carreira. En 1913 convértese en capitán do mercante Santa Úrsula, unha Compañía de Hamburgo que se encargaba do transporte de pasaxeiros e mercadorías entre Hamburgo e Lisboa, con Rio de Janeiro, Bahía e Arxentina.