Río Sarela: o máis humanizado dos ríos do concello. Descubre por que

  • Pontella da Burata
  • Roda de muiño
  • Afluente do Sarela, río Corgo
  • Restos de fabrica
Paseo polo Sarela

De paseo…

Percorrer o Sarela, do túnel do Romaño ás portas de Laraño, levaranos a gozar de diferentes paisaxes. Un primeiro tramo de río agreste con camiños renovados polos pasos da xente, un parque de coidado céspede co río engalanado de xardín e deseguido volta ao agreste.

Aventura polo Sarela

Aventura

Neste portal animámosvos a explorar os nosos ríos e zonas do rural para coñecer o espazo físico e as historias que vos poden contar as persoas que atopedes. Será unha aventura que non vos deixará indiferentes, como saber o que era viaxar por Galicia en épocas pasadas.

O máis humanizado

Humanizado

Hoxe o Sarela é un río tranquilo, pero ata hai pouco foi o máis humanizado do Concello. Nas súas ribeiras abundaban fábricas, muíños, lavadoiros, hortas, prados…, e unha tupida rede de camiños, corredoiras, vereas, pontes, pontellas polas que andaba moita xente a todas horas.

O Sarela productivo

Produtivo

O Sarela foi o motor económico de Compostela en séculos pasados. No XIX era o polígono industrial da cidade, con dezasete fábricas que a converteron en potencia do curtido español xunto a Allariz e Noia. Tamén a abastecía de verduras, cereais, carne, peixe, roupa limpa…

Descúbreo

Descúbreo!

Saber a historia e os tesouros artísticos que acocha o Sarela cambia a visión del e axuda a entender os vestixios que imos atopando no seu percorrido e a non pasar por alto patrimonio de gran valor artístico, como o que se pode admirar en San Lourenzo de Trasouto.