Río Santa Lucía: Un descoñecido da rede fluvial de Compostela

  • Disfruta da Natureza
  • Imaxe do río
  • Ruta Lobio
Fin do túnel

Sabías que…

O río Santa Lucía acocha lugares cun encanto especial que nin imaxinabas que podían existir ao lado da Cidade. A frase máis repetida polas persoas que o visitan por primeira vez é: “non tiña nin idea de que había este río en Santiago… como é posible!!!”.

Camiños

Camiños

Explorando as parroquias de Aríns, Marrozos e O Eixo, poderás aventurarte por camiños á beira de ríos, bosques atlánticos, paisaxes agrarias, aldeas, montes.. e ver muíños, canles, pontellas, castros, hórreos, casas rústicas, cruceiros e moito máis!!

Antroido

Antroido único

Ademais das abundantes festas propias de cada parroquia, este Val celebra un dos antroidos máis singulares de Galicia: os Xenerais da Ulla, que funde as súas raíces nos enfrontamentos militares do século XIX cos seus vistosos e coloridos uniformes

Árbores

Slow

O rural ten outro ritmo. Aquí o tempo se dilata e desaparecen as presas e o estrés. E pode ocorrer que, como a aquel monxe de Armenteira, quedes contemplando un paxaro ou oíndo o son dunha campá e cando te das conta… pasaron trescentos anos!!

Atopa información sobre o Val de Santa Lucía

Atoparás..

Nesta web poderás atopar información sobre o Val: as súas tradicións, a cultura rural e agraria tradicional, o seu patrimonio, proposta de rutas, calendario de festas e galerías multimedia para que poidas facerte unha idea do que te perdes se non o visitas.