Parque fluvial

Presentámosche o Parque fluvial do Concello de Santiago de Compostela, onde a natureza e a historia se unen para crear experiencias máxicas. Prepárate para descubrir o primeiro ferrocarril de Galiza ou que Compostela foi unha potencia española na industria do coiro, e moito máis, da man dos ríos Sar, Sarela e Santa Lucía.

Ademáis de transitar camiños que percorren campos, montes, bosques… que che permitirán gozar do noso patrimonio natural, histórico e etnográfico con todos os sentidos.